Solsticio de inverno (e fin do mundo?) na Eira da Xoana |
|
|
Venres, 21. Decembro 2012, 17:00
|
|
VENRES 21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO

Unha vez máis imos celebrar a festa do Solsticio de Inverno e, quen sabe, tamén a fin do ciclo do calendario maia que para algúns marca a fin do mundo.
Polo que atinxe á nosa cultura, recuperamos os últimos ecos dun ritual milenario, e queremos traer de novo á nosa sociedade unha celebración que se perde na noite dos tempos. Nela rendíase homenaxe ao Sol, que rexuvenece cada ano para traernos luz, calor e vida.
PROGRAMA:
17.00 h => Encontro na Eira. Para elaboración de fachos, boneco e realización doutros quefaceres necesarios para o desenvolvemento da actividade.
17.45 h => Subida ao Cotón dos fogos. Onde realizaremos un acto de despedida ao Sol a medida que este se vaia agochando.
18.30 h => Queima do Tizón. Facendo lume Novo que queima o ano vello que remata.
19.30 h => Acto literario e musical. Entre outros estará presente a figura do Apalpador que se dará a coñecer especialmente entre tod@s os nen@s que se acheguen.
20.30 h => Cea e Actuacións. Coma de costume nesta data, cadaquén deberá traer a súa comida para compartir nesta cea de convivio. Haberá queixo e café por unha aportación solidaria de 3 €.
–.– h => Remate.Cando se acaben os folgos.
NOTAS: Se alguén quere quedar a durmir na zona pode facelo nos seguintes aloxamentos:
|
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/ |
Volver
|