Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
A Galiza Máxica II: Roteiro de ADEGA-Lugo polo Courel
Domingo, 11. Novembro 2012, 09:00

Este domingo, 11 de novembro, ADEGA-Lugo inicia o seu programa de roteiros 2012-2013, dedicado á Galiza Máxica, co seu xa tradicional roteiro inaugural pola Serra do Courel. O Apalpador será a figura mítica sobre a que se vertebre a ruta, xa que andaremos polos camiños que o carboeiro transita polo Natal, cando baixa dos cumes da súa serra nai até os vales para apalpar as barrigas das crianzas.

Roteiro de 10 quilómetros, de dificultade media para a xente habituada a andar. Comeza en Savane (Seoane) e remata na aldea de Ferreirós de Abaixo, no bar O Pontón, onde celebraremos o magosto. O treito máis difícil, de 3 quilómetros de longo, estará entre o paso do río Pequeno (km 2) e o Castro de Brío (km 4); que salva unha diferenza de altitude de 300 metros. Aínda así, subiremos moi a modiño e axudándonos entre todas e todos. Logo do castro, o roteiro é todo cara baixo até as inmediacións de Ferreirós.

RESERVA DE PRAZA
As persoas interesadas en participar deberán reservar praza chamando con antelación ao 679113718 ou 9822402299.

O bus sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio) ás 9 horas da mañá.

PREZOS
Xeral: 15 €
Estudantes/ parados/as: 12 €
Socios/as: 10 €

Menores de 17 anos: 5 €

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de todos/as.

 

Localización : http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-lugo/879-os-roteiros-de-adega-lugo-2012-2013-a-galiza-maxica-ii

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA