Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Móllate polos humidais 2012
Xoves, 2. Febreiro 2012, 09:00
O día 2 de febreiro comemórase a data na que se adoptou a convención sobre os humidais en 1971. O tratado dos humidais ou convención Ramsar, é un acordo intergobernamental que serve para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos. Os ecosistemas húmidos forman parte da nosa riqueza natural e grazas aos humidais todos os anos recibimos servizos por valor de millóns de euros (de xeito totalmente gratuíto). Os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os nosos acuíferos. Estes ecosistemas estabilizan costas e protexen ás cidades e pobos contra as tormentas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son uns grandes reservorios de biodiversidade.

Os humidais tamén nos abastecen de moitos produtos dos que dependemos. Existen valores culturais ligados a estes ecosistemas, así como valores naturais que fomentan a recreación e o turismo.

Dende ADEGA queremos divulgar esta importancia dos humidais, e por segundo ano consecutivo organizamos unha xornada de voluntariado ambiental en dúas lagoas pertencentes a uns dos 5 humidais galegos incluídos na lista Ramsar. Baixo o mesmo lema do ano anterior: Móllate polos Humidais, mollarémonos polas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño (concello de Porto do Son) pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo (código LIC ES1110006).

En 2011 máis de 40 voluntarias e voluntarios participamos nunha xornada de eliminación de flora exótica invasora nesta área, e este ano queremos darlle seguemento aos labores de control e eliminación. Ademáis de seguir divulgando a problemática das especies invasoras e aumentar a concienciación cidadá, estas acción teñen por obxectivo acadar un mellor estado ecolóxico dun dos ecosistemas galegos percentes á rede natura 2000.

PRAZAS ESGOTADAS

PROGRAMA

09.00 Saída dende Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.10 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso
Máis información:

Ramsés Pérez (Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA) Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo // Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA