Para consumir sen nos consumir |
|
|
Xoves, 22. Decembro 2011, 12:00 - 20:00
|
|

Baixo o lema "Para consumir sen nos consumir", os colectivos a Gentalha do Pichel ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia levan o 22 de decembro á Praza do Toural ideas prácticas para un consumo máis consciente.
Un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, aprender a facer xabrón ecolóxico, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo.
Son as actividades que propoñen 7 organizacións de Compostela nunha campaña contra o consumismo e os excesos propios do Nadal, desde os agasallos que mercamos e as opulentas comidas que preparamos até un alumeado que dilapida cartos e enerxía sen outra utilidade que non sexa a ornamental.
Así as cousas, os colectivos que se agrupan baixo o paraugas da Federación Ecoloxista Galega –destacando ADEGA e Verdegaia–, o grupo de activistas a prol da lingua e da cultura do país que dan vida á Gentalha do Pichel e tres organizacións que promoven o consumo consciente en Compostela – Panxea, Amarante e Equisol– xúntanse este ano por vez primeira para dar a volta ao modelo económico organizando un mercadiño alternativo que se celebrará na Praza do Toural o 22 de decembro, a partir das 12.00 horas, e durará todo o día. |
Localización : Praza do Toural, Santiago de Compostela Contacto : 981 57 00 99 |
Volver
|