Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Concurso redución: GAÑA UN KIT DE COMPOSTAXE
Desde Sábado, 19. Novembro 2011 -  00:00
Até Xoves, 24. Novembro 2011 - 23:59
Do 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea da Prevención de Residuos. Dende ADEGA queremos sumarnos a esta iniciativa e, alén de traballar en programas de educación ambiental, estamos a preparar un CONCURSO co lema "Que farías ti para non producir tantos residuos?" A prevención debería ser a primeira prioridade á hora de tratar os nosos residuos, e non os tratamentos finalistas como vertedoiros ou incineración, tristemente os máis xeralizados na Galiza. O obxectivo desta semana é fomentar a concienciación para previr a produción excesiva de lixo: o mellor residuo é o que non se produce! Entre todas e todos podemos reducir o volume e a nocividade dos residuos que xeramos.  Propoñémosvos que nos acheguedes ideas para reducir o lixo xerado: No fogar, no traballo, na escola…Enviade as vosas propostas e participaredes no sorteo dun  KIT DE COMPOSTAXE.

A partir de xa podedes enviar as vosas prácticas para reducir lixo. As ideas máis orixinais ou eficaces irán aparecendo na nosa páxina web www.adega.gal durante a semana europea da prevención, do 19 ao 27 de novembro.

Entre todas as propostas recibidas até o 23 de novembro ás 12:00 da noite, sortearemos un  KIT DE COMPOSTAXE, integrado por un composteiro con capacidade de 320 l., un manual de compostaxe caseira e o libro “O compost. A xestión dos residuos. O sorteo terá lugar o xoves 24 de novembro e o venres 25 entregaremos o premio.

Enviade as vosas propostas ao correo da vogal de residuos de ADEGA ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) indicando o voso nome completo, enderezo e teléfone para participar no concurso.

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA