Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Embarque para a monitorización de cetáceos coa CEMMA
Mércores, 24. Agosto 2011, 10:00
Este mércores 24 de agosto (saída ás 10h) faremos o seguinte embarque
específico saíndo dende o porto Náutico de Vigo, para seguir coa
monitorización das poboacións costeiras de cetáceos deste ano 2011,
complementario ao traballo que se fai todo o ano dende a Rede de
Monitorización Costeira, coa que aproveito para lembrarvos que podedes
colaborar.

Como sempre o embarque realizarase se as condicións climatolóxicas o
permiten.

As condicións seguen sendo as mesmas que noutros anos:

- @s soci@s de CEMMA poden vir de forma gratuita.
- As demais persoas interesadas deberán pagar 35?, o que lles cubrirá o
pago da cuota anual do 2011, polo que poderán participar no resto de
saídas de todo o ano e nas outras actividades de CEMMA.

-Normas para o uso de cámaras a bordo

Admítese o uso de cámaras fotográficas ou de video a bordo durante os
embarques da CEMMA co compromiso de poder deixar a disposición do Banco de
Imaxes da CEMMA unha copia das imaxes realizadas de cetáceos, e outras
especies mariñas, xa que resulta un material esencial para os traballos de
idetificación, comportamento, confirmación do nº de individuos presentes
no avistamento ou mesmo de documentación gráfica para traballos de
divulgación. Os documentos gráficos cedidos ao Banco de Imaxes da CEMMA
estarán suxeitos á normativa de uso xeral gráfico establecido na CEMMA e
baseada nos seguintes criterios:

- O rexistro dos materiais gráficos figurará asociado no banco de imaxes á
información do embarque no que foi recollido.
- Os materiais gráficos manterán sempre a autoría e propiedade do donante.
- Calquera uso público dun elemento gráfico será notificado e solicitada
autorización aos autores.
- Caso de ser usados, coas autorizacións e acordos pertinentes, irán
referenciados como Foto CEMMA, en xeral, e co nome dos autores se así o
desexan.

Importante: traede prismáticos e ganas de traballar.

O número de prazas é limitado. Para reservar plaza, mandádeme un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   ou    Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo    mantendo o nome do
asunto.

E por favor, decide se podedes chegar en coche ou se non podedes e de onde
sodes xa que teríamos que organizarnos dalgunha forma, e manter o asunto
para poder identificar os e-mails recibidos dos embarques.
Localización : http://www.cemma.org/principal.htm

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA