Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Exposición "Enarborar o bosque" no CEIDA
Luns, 22. Agosto 2011, 20:00
O vindeiro luns 22 DE AGOSTO DE 2011, ás 20 HORAS, terá lugar na Sala
de Exposicións do CEIDA, a inauguración da exposición ENARBORAR O
BOSQUE
, mostra colectiva de 59 artistas promovida polos artistas
plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes do colectivo
arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval. Nela se recolle parte das obras
realizadas durante a Xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre na
Carballeira de Chaián, celebrada o pasado 5 de xuño de 2011, co
obxectivo de facer un chamamento á valoración dos nosos bosques e
reivindicar a súa protección.

A inauguración contará cun acto poético musical no que participarán
Chelo Suárez, Chisco Fernández Naval, François Davó, Helena Villar
Janeiro, Iolanda R. Aldrei, Lourdes Maceiras, Marina Cocós, Miguel
Melero, Natalia Margalejo, Ramiro Torres e Xesús Rábade; e o poeta e
músico Mou de Lugh acompañará con Hang Drum.

Un 10% do recadado pola venda das obras irá á Federación Ecoloxista
Galega (FEG), da que fai parte ADEGA.

A exposición permanecerá no Castelo de Santa Cruz ata o 31 de agosto,
e poderá visitarse en horario de luns a venres, de 10 a 14 h. e de 18
a 21 h., e sábados de 11 a 14 h.

Máis información:
http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/enarborar-bosque.html
Localización : http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/exposicions/enarborar-bosque.html

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA