Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Actividades Eira da Xoana: festa da cabra en Ramil
Domingo, 14. Agosto 2011, 12:30

DOMINGO 14 DE AGOSTO: FESTA DA CABRA EN RAMIL

Este é o día onde, na freguesía de Ramil, se celebra a festa do ano. Hai festa rachada, con cabalos, xogos, orquestras, etc. Nós unímonos, como veciños que somos, e facemos a nosa aportación con música, xogos e imos tentar xunguir unha parella de vacas ao carro milenario do Camilo.

PROGRAMA:

12.30 h => Encontro na Eira para recebir a xente que ven para a festa e convidala a que visite a nosa casa e, ao mesmo tempo, preparar as cousas necesarias para o xantar.

13.45 h => Concerto no campo da festa

13.45 h => Xantar na Eira ( cada persoa trae o seu )

A organización pon un lacón asado e cafés para todos. Os musicos, como é lóxico, están convidados. Continuaremos o noso convivio toda a tarde, até o serao. Á noitiña, como é costume tocarán as orquestras para dar o axeitado remate á festa.

NOTAS:

  • Esta actividade custa 10 euros ( 7 socios)
  • Confirmación da  asistencia antes do xoves 11 os tfs. 659 683 384 (Pepe) ou 638 475 322 (Marcial) ou no mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA