Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Manifestación en Muros polo Día Mundial do Medio Ambiente
Domingo, 5. Xuño 2011, 12:00
logo-5X11Este vindeiro 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, ADEGA, en colaboración con outras entidades ecoloxistas, confrarías, entidades sociais e plataformas varias convoca unha manifestación en Muros en defensa das nosas rías. Baixo o lema "COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA" pretendemos chamar a atención da sociedade sobre as múltiples ameazas que pairan sobre estes privilexiados ecosistemas (piscicultura industrial, recheos, urbanización, verteduras, portos deportivos, campos de golf, eólicos...)
En principio, o acto consistirá nun percurso reivindicativo que partiría ás 12h dende o porto de Muros até os muíños de mareas do Pozo Cachón onde dariamos lectura ao un manifesto e celebrariamos un xantar popular.
Para axudarmos na organización e na intendencia deste acto, precisamos da vosa axuda. Se este día queredes saía á rúa en defensa das nosas rías, acudide a Muros a botar unha man.
Poñédevos en contacto co local nacional ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; 981570099) indicando a vosa dispoñibilidade e deixando os vosos datos -teléfone ou mail- para vos contactar.

Materiais de divulgación:

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA