Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
35 Asemblea Xeral de ADEGA
Sábado, 27. Novembro 2010, 10:30

35ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ADEGA; ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Por acordo da Xunta Directiva, a 35 Asemblea anual ordinaria de ADEGA celebrarase o vindeiro sábado 27 de novembro. Será na Coruña, nos locais do Centro Cívico dos Mallos (Avenida de Arteixo 147, bx. A Coruña -ver ligazón-).

 

ORDE DO DÍA:

Sábado 27 de novembro de 2010

Mañán:
10:30 Saúdos e benvida.
10:40. Balanzo de actividades e propostas.
11:15. Planificacion estratexica e xestión do cambio.
11:50. Definición liñas estratéxicas: Comunicación; Educación ambiental; Territorio; Alianzas…

13:30. Xantar de confraternización

Tarde:
16:00. Informe económico.
16:30. Organización. Regulamento.
17:30. Fundación. Estatutos.
17:45. Elección da nova Xunta Directiva.
18:00. Propostas de resolución.
18:30. Peche.

18:30. Asemblea Xeral Extraordinaria. Punto único: proposta de modificación de Estatutos.

 

Haberá servizo de gardaría. Avisade se o precisades para as vosas crianzas.

O xantar de confraternización será na cervexaría "Paddock" no 111 da mesma Avda. de Arteixo. O prezo é arredor de 15€. Avisase se tenden algunha preferenza especial ou intolerancia alimentar.

Prégasevos que confirmedes a vosa presenza neste xantar (mail ou chamada ao 981570099) para reservar sitio suficiente, denantes do 24 de novembro.

Ubicación CENTRO CÍVICO DOS MALLOS (ligazón GOOGLE MAPS-Streetview)

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA