Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro e magosto de SOS Courel
Sábado, 30. Outubro 2010

A Asociación SOS Courel,  convídanvos  a un roteiro e  un magosto que terán lugar o sábado, 30 de outubro, no Courel.

Só tedes que avisar de cantos/as vides para calcular o viño e as castañas que necesitamos,  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou telf. 607225887

PROGRAMA:

- Ata as 11:00 concentración dos participantes do roteiro no desvío de Ferreirós de Arriba, na estrada  principal do Courel, a LU -651, entre os quilómetros 27 e 28. Este punto está a un quilómetro de Ferreirós de Abaixo (Bar Pontón). Pódese aparcar abundantemente  no campo de fútbol  que está a  200 metros do desvío.

- O roteiro, comeza as 11:00,  ten un percorrido   circular de 10 quilómetros, cunha dificultade media baixa, salvo o  quilómetro de subida o corno do Pico do Côto que  ten algo de pendente, pero teremos moito tempo para chegar por un amplo camiño, mentres os/as heroes/ oinas esperan  abraiados, no cumio, ollando dende o medio e medio do courel. Logo, paseniño, polo Muimento,  iremos baixando cara Ferreirós de  Arriba,   e despois Ferreirós de Abaixo.

- Será a primeira vez que unha camiñada de lecer chega a  esta marabillosa  e sorprendente atalaia. Entre  o Piapaxaro, Ferreirós, Folgoso e Sobredo

- Na seguinte foto podemos ver o corno do Pico do  Côto, o desvío de Ferreirós(na escombreira) e o Campo de fútbol. Non teñades mágoa, hoxe xa volve estar verde e fermoso!

- Ás 16:30, En Ferreirós de abaixo, preto do bar O Pontón, empezarase a facer o lume e asar as castañas, mentres os colectivos celebran a asemblea de Galiza  non se vende.

- Acordádevos de traer gaitas, tambores, pandeiros,…..

- Traede auga e bocadiño para o xantar, na mochila.

- Tamén podedes meter unhas luvas na mochila por si se nos ocorre algún traballo divertido.

- Para xente que se quede toda  a fin de semana prepararemos máis rutas e visitas.

- Estes son os teléfonos dos establecementos:

http://personal.telefonica.terra.es/web/peral/paginacaurel/lista.htm o do albergue cambiou, agora é o 649651041

- Se non hai aloxamento habilitaremos sitio para durmir no chan.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA