Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
IV masa crítica galega en Vigo
Sábado, 25. Setembro 2010, 10:00

IV Masa Crítica Galega. 25 de setembro. Vigo
Un ano máis chegan as datas da Masa Crítica Galega, desta vez en Vigo.

Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.

Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando? A masa crítica celébrase en Vigo o sábado 25 de setembro de 2010 con saida dende a Praza América ás 18:30. (ver ruta).  Durante todo o día haberá actividades paralelas.

Podes apontarte premendo eiquí

Anímate a participar deste evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!

Localización : http://www.bicis.info/index.php?option=com_content&task=view&id=282&Itemid=1

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA