ADEGA nas I Xornadas medioambientais de Marín |
|
|
Sábado, 11. Setembro 2010, 10:00
|
|
As I Xornadas Medioambientais de Marín teñen como obxectivo a concienciación medioambiental de toda a cidadanía do Concello de Marín. Nesta primeira edición, ADEGA participará cun stand con información e materiais sobre as actividades da asociación.

Para iso desenvolveranse ao longo da fin de semana do 11 e 12 de setembro as seguintes actividades:
- Presentación dos proxectos medioambientais levados a cabo polo Concello de Marín.
- Degustación dun menú ecolóxico nos restaurantes de Marín adheridos á promoción.
- Realización de obradoiros medioambiental con nenos.
- Mesa coloquio a cargo da Mancomunidade de Montes de San Tomé.
- Charlas sobre o petróleo e a biodiversidade dos concellos.
- Excursión ao Ecoparque de Cadro.
- Espectáculos de cetrería.
- Actividades con cans a cargo da protectora de animais do lago de Castiñeiras.
Os menús ecolóxicos poderanse degustar ao longo das fins de semana do 4 e 5 de setembro e 10 e 11 de setembro, nos restaurantes adheridos á promoción que estarán identificados através de cartelería. |
Volver
|