Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
VI xornadas de limpeza do río Furelos
Sábado, 28. Agosto 2010, 09:00

As VI XORNADAS DE LIMPEZA DO RÍO FURELOS correspondentes a este ano 2010, levaranse a cabo o derradeiro sábado de agosto día 28, e os dous primeiros de setembro, días 4 e 11 como se ben facendo nos últimos anos por parte da Asociación de Troiteiros Río Furelos. A cita é na praia fluvial de Furelos.

A limpeza consistirá na retirada de todo tipo de lixo atopado na canle do río e nas súas marxes (plásticos, latas, rodas, arámes…), levarase a cabo de maneira manual e abranguerá o acotado do río Furelos dende a Ponte Romana (Furelos-Melide) ate a Ponte de Fraga (Souto-Toques), cun percorrido de 11.5 kilómetros. Tamén realizaremos a mesma limpeza nos principais afluentes do Furelos, pois somos conscientes de que as arterias son tan importantes como o Furelos e tamén queremos facer un esforzo extra para comprobar o seu estado e retirar todo o que podamos:

  • Río Catasol dende a súa desembocadura ate os pasales de Zas de Rei, Melide,10 km. Aproximadamente.
  • Río Martagona dende a súa desembocadura ate a estrada Toques-Melide 8 km.
  • Río Vilamor dende a súa desembocadura ate a ponte de Vilamor Toques 5 km.

As VI Xornadas de Limpeza terán comenzo dende as 9:00 ate as 13:00h en xornada de maña e dende as 16:00 até as 20:00h polo serán, despois de facer un obrigado descanso para repoñer forzas cun xantar para os participantes na praia fluvial de Furelos, a cargo de a organización.

A actividade está autorizada pola Consellería de Medio Rural e supervisada pola Gardería de ríus para levantar acta e verificar que os traballos realizados cumpren sempre coa normativa e respectando o medio ambente.

Nesta ocasión tamén contamos coa colaboración de 40 casas comerciais de Melide, Concello de Melide e a Deputación da Coruña.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA