Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ordes/Cerceda

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Bioterra 2010
Venres, 4. Xuño 2010, 11:00

A Asociación Cultural Pepa Loba presenta Bioterra 2010, unha feira na que se conxugan a ecoloxía, o consumo responsable e consciente, o comercio xusto e o local e que se celebrará os vindeiros 5 e 6 de xuño na Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño coincidindo co día do Medio Ambiente.

Este evento no que se instalarán en torno a 20 postos, conta coa participación de produtores/as locais e ecolóxicos/as, asociacións relacionadas co comercio xusto e local, etc.

O principal obxectivo desta feira é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir. Deste xeito, estamos amosando o poder que temos os/as consumidores neste momento.

PROGRAMA BIOTERRA 2010

SÁBADO 5 XUÑO
11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010.
14:00 Peche da Feira Bioterra 2009 para xantar.
17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2009.
18:00 Obradoiro de plantas mediciñais na Plaza Maior.
18:30 Charla informátiva e xuntanza dos Grupos de Consumo Responsable na Casa do Concello de O Carballiño
19:30 Charla informátiva da Cooperativa de Consumo Consciente Arbore (Vigo), na Casa do Concello de O Carballiño
21:00 Peche da Feira Bioterra 2009.

DOMINGO 6 XUÑO
11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010.
14:00 Peche da Feira Bioterra 2010 para xantar.
17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2010.
18:00 Obradoiro de cestería con materiais de refugallo na Plaza Maior.
18:30 Charla informátiva da Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, na Casa do Concello de O Carballiño
21:00 Clausura da Feira Bioterra 2009.

OBRADOIROS AMBIENTAIS
Datas:
5 e 6 de Xuño de 2010
Lugar:
Plaza Maior de O Carballiño.
Horarios:
18:00 – 20:00
Inscricións:
Nº de prazas: 30
Actividade gratuíta

Para inscribirse ao obradoiro de Plantas Mediciñais é preciso facelo antes das 14:00 da tarde do día 5 de xuño. Pode ser por mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no posto de información da feira que vai ter a Asociación Cultural Pepa Loba na Praza Maior.

Para inscribirse ou ter máis información:
645 865 080 - 677 163 387
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA