Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Mercados ecolóxicos en defensa da Terra en Quilmas
Domingo, 14. Xullo 2013, 10:00

A Cooperativa de Agric. Ecolóxica Raínha Lupa, SCG e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas están a organizar, por terceiro ano consecutivo, unha reste de Mercados Ecolóxicos Tradicionais nos que, nas sucesivas edicións deste verán, recollerase unha representación da horta ecolóxica galega e do produto labrego, artesanía de proximidade e oficios tradicionais, proxectos ecolóxicos que traballan nas enerxías e na bioconstrución, colectivos e asociacións xuntos nunha mostra ao ar libre. 
A razón vital destes marcados é poñer a disposición das persoas alimentos producidos nas hortas e casas labregas galegas e así visualizar a capacidade do traballo que se está a realizar para manter a fertilidade do solo e  desenrolar unha economía de proximidade baseada na sostibilidade e o respeto ao medio ambiente. O vindeiro mercado, este domingo 14 de xullo. Agardámoste!

Máis información e contacto:
Cooperativa de Agric. Ecolóxica Raínha Lupa, SCG
Lgr. de Quilmas Nº 24 Bx
15295- CARNOTA
(A Coruña)
Tlf: 981 760 227

Para o seguemento:
https://www.facebook.com/rainha.lupa.5?ref=tn_tnmn
http://cooperativadeagriculturaecoloxicarainhalupa.wordpress.com

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA