Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Festival do humor "Rir por non chorar" en Lugo
Sábado, 1. Decembro 2012, 20:00

festival humor 2012FESTIVAL DO HUMOR "RIR, POR NON CHORAR"
 
Ven ao Festival de Humor "Rir, por non chorar" que terá lugar o vindeiro 1 de decembro, ás 20 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos).
 
Carlos Blanco, Isabel Risco e Leo i Arremecaghoná encargaranse de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise irónica e retranqueira de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural.
 
Humor e medio ambiente nunha mesma cita aquí en Lugo! Non o podes perder!
 
Iso si!, para poder acceder ao Festival terás que traer un par de pilas gastadas ou unha lámpada fundida para que entre todos e todas poidamos “cargarnos as pilas e renovar as ideas na defensa do noso territorio”. E de paso, facemos reciclaxe.
 
O acto enmárcase dentro do proxecto Cultura e Territorio de ADEGA que, á súa vez, está dentro da Campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio", a prol dunha ordenación territorial sustentable.
 
O Festival tamén formará parte dos actos reivindicativos aderidos ao programa “Des-concerto Expansivo” de Burla Negra, que conmemora o décimo aniversario desta iniciativa e da catástrofe do Prestige.
 
Apertas de ADEGA! Agardámoste!
 
ORGANIZA: ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.
APOIA: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA