Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Marcha a pé contra a campaña da Xunta para a eliminación de lobos híbridos no Barbanza
Desde Sábado, 14. Xullo 2012 -  08:00
Até Domingo, 15. Xullo 2012 - 17:00

COMUNICADO DE VOX ÁNIMA:

A día de hoxe continuamos sen recibir resposta da Xunta de Galicia ao escrito que presentamos no Rexistro Xeral dese Organismo o día 26 de abril, apoiado por 33 Asociacións galegas e referente á Campaña contra o lobo híbrido que a Dirección Xeral da Conservación da Natureza está levando a cabo na Serra do Barbanza e que está a supoñer a morte de diversos animais, entre eles lobos e cans. Ante o silencio administrativo e a indiferenza da Xunta ás numerosas protestas de diversos colectivos para que paren esta matanza, dende Vox Ánima decidimos convocar unha marcha de protesta a pé, que partirá da Praza do Concello de Ribeira o sábado 14 de xullo ás 09.00 h e rematará na Praza do Obradoiro o domingo 15, onde temos convocada unha Concentración para as 18:30 horas.

Somos conscientes do ocupados que estades todos, por iso o grupo que partirá dende Ribeira será dunhas poucas persoas(por suposto aberto a todos aqueles que se queiran sumar). A idea é que a xente poida unirse á marcha por tramos, e esperamos que a partires de Padrón, e, sobre todo, do Milladoiro vos incorporedes moitos de vos. Aos que vos sexa imposible, esperamos poidades acudir á Praza do Obradoiro ás 18:30 h.

Para os que queirades sumarvos á marcha o último día, partiremos de Padrón (dos semáforos do cruce principal) ás 11.30 h., e estaremos comendo na Carballeira de Francos, no Faramello, concello de Teo (uns 5 kilómetros antes de Milladoiro) entre as 14 e as 15 h.

Para chegar dende Santiago hai que tomar a estrada N-550 que vai de Santiago a Pontevedra. Unha vez pasado o Milladoiro, a 5 Km aproximadamente, ao atopar un cartel que pon Faramello hai que desviarse á dereita e seguir as indicacións da Capela de San Martiño e do Restaurante Carboeiro que está ao carón da carballeira.

Coordenadas: +42° 48' 56.49", -8° 37' 19.25"

Pasaremos polo Milladoiro ás 16.30 horas e pola Choupana sobre as 17.15 h. En ámbolos dous sitios tamén se unirá xente.

Non fai falta dicirvos que cantos máis firmedes moito mellor.

Para calquera aclaración podedes chamar ao teléfono 634529933.

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA