Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Para consumir sen nos consumir
Xoves, 22. Decembro 2011, 12:00 - 20:00

Imagen1

Baixo o lema "Para consumir sen nos consumir", os colectivos a Gentalha do Pichel ADEGA, Amarante, Equisol, a Federación Ecoloxista Galega, Panxea e Verdegaia levan o 22 de decembro á Praza do Toural ideas prácticas para un consumo máis consciente.

Un obradoiro de xoguetes feitos con materiais de refugallo, unha xornada de troco, aprender a facer xabrón ecolóxico, e información sobre a pegada ecolóxica e social que xeran os nosos hábitos de consumo.
Son as actividades que propoñen 7 organizacións de Compostela nunha campaña contra o consumismo e os excesos propios do Nadal, desde os agasallos que mercamos e as opulentas comidas que preparamos até un alumeado que dilapida cartos e enerxía sen outra utilidade que non sexa a ornamental.
Así as cousas, os colectivos que se agrupan baixo o paraugas da Federación Ecoloxista Galega –destacando ADEGA e Verdegaia–, o grupo de activistas a prol da lingua e da cultura do país que dan vida á Gentalha do Pichel e tres organizacións que promoven o consumo consciente en Compostela – Panxea, Amarante e Equisol– xúntanse este ano por vez primeira para dar a volta ao modelo económico organizando un mercadiño alternativo que se celebrará na Praza do Toural o 22 de decembro, a partir das 12.00 horas, e durará todo o día.
Localización : Praza do Toural, Santiago de Compostela
Contacto : 981 57 00 99

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA