Mercadiño solidario da Asociación Abeiro |
|
|
Mércores, 7. Decembro 2011, 16:30
|
|
 A Asociación pola protección animal ABEIRO vai celebrar o día 7 de decembro, a partir das catro e media da tarde, e o día 8 durante todo o día, a partir das once e media da mañá, na Praza Roxa de Santiago un mercadillo solidario con xoguetes e obxectos varios adicados ao público infantil.
Todo o recaudado irá destinado ao noso proxecto de castracións de colonias de gatos na cidade de Santiago e a mercar penso para os gatos que temos en adopción.
O prezo dos obxectos será simbólico; desde menos dun euro poderán mercarse infinidade de materiais, desde contos, puzzles, xogos, etc.
Seguro que atoparedes algún agasallo para máis dun cativo ou cativa pensando nas próximas festas. Esperamos vervos por alí.
|
Localización : http://es-es.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-Abeiro/126302376596 |
Volver
|