Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
36 Asemblea Xeral de ADEGA
Sábado, 17. Decembro 2011, 10:00

17 de decembro. 36ª ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE ADEGA

portada_36APor acordo da Xunta Directiva, a 36ª Asemblea anual ordinaria de ADEGA celebrarase o vindeiro sábado 17 de decembro. Será en Arzúa, nos locais da Casa da Cultura (Rúa Santiago) en sesión de mañán e tarde.

Nesta xornada celebraremos tamén a tradicional cea anual de confraternización no decurso da que faremos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011.

ORDE DO DÍA PROVISIONAL. Sábado 17 de decembro de 2011

Mañán (Casa da Cultura):

10.00h: Saúdos e benvida da Presidenta.
10.00-11.00h: Balanzo de 2011. Seguemento das liñas estratéxicas da 35 Asemblea. Informe económico.
11.00-12.00h: Situación organizativa. Delegacións. Altas e baixas. Cambios na Xunta Directiva.
12.00-12.30h: Pausa café.
12.30-13.30h: Liñas estratéxicas e reptos futuros. Apresentación da "Fundación Eira" e do protocolo dos socios/as.
13.30-14.30h: Debate e propostas de resolución.
14.30-16.30h: Xantar. Polbería “O Conxuro”. Prezo: 10-12€

Tarde (Recinto feiral de Arzúa - Feira Terractiva):

16.30-17.30h: Mesas de traballo, debate e posta en común.
17.30h: Peche.
21.30h: Cea de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2011. Será no restaurante Casa Teodora, tamén en Arzúa. Prezo 15€. Indicade se queredes menú vexetariano ou celíaco.

NOTA: tanto para o xantar como para a cea cómpre apontarse. Telefonade ao local nacional ou mandade un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA