Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
LUMES NUNCA MÁIS: manifestación en Ourense
Sábado, 22. Outubro 2011, 19:00

comitemonte2011

LUME NUNCA MÁIS: MANIFESTACIÓN EN OURENSE

22 de outubro, 19h, Parque de San Lázaro

A PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO MONTE GALEGO, da que fai parte ADEGA, convoca a toda a cidadanía galega á unha manifestación que terá lugar o vindeiro sábado 22 de outubro na cidade de Ourense ás 19:00 h para reclamar unha nova política forestal de prevención e loita contra os incendios que están a arrasar o monte galego. A saída terá lugar dende o Parque de San Lázaro para rematar na Praza Maior, onde se dará lectura ao manifesto.

Baixo o lema LUME NUNCA MÁIS. O NOSO MONTE IMPORTA, os diferentes colectivos e cidadás que conforman esta plataforma fan unha chamada ás institucións e á sociedade civil galega para que tomen conciencia das medidas urxentes que o comité reclama no documento de BASES EN DEFENSA DO MONTE GALEGO que se lerá durante a rolda.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA