Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteirríos 2011 polos ríos bercianos (inclúe Big Jump)
Venres, 8. Xullo 2011, 08:00
Roteirríos 2011. O Bierzo (8) 9 e 10 de xullo.

bierzo.jpgO programa de itinerarios  que dende o Proxecto Ríos denominamos Roteirríos está adicado este ano á restauración fluvial. Para a segunda saída desprazarémonos até a comarca de O Bierzo. Alí visitaremos o proxecto de restauración que o CIUDEN (Fundación Ciudad de la Energía) está a facer no pobo de Tremor e coñeceremos o Centro CIUDEN Vivero que esta mesma entidade ten adicada ao cultivo de prantas para repoboar as canteiras recuperadas.

O domingo realizaremos un roteiro no Val do Seo e celebraremos o Big Jump 2011 dandonos un baño… ou mollando os pes.

O Proxecto Ríos organiza esta actividade e coordenará as rutas do sábado e do domingo, cubrindo o seguro de responsabilidade e a cea de confraternización do sábado… o resto dos gastos (desprazamentos, aloxamento e xantar ) correrán a cargo dos e das participantes.

PROGAMA

Venres:

Aínda que as actividades programadas non comezan até o sábado a mañá, aquelas persoas que o desexen poderán ir xa o venres para non ter que facer un desprazamento tan longo o sábado.

Cearemos e pernoctaremos no Camping Val do Seo (http://www.campingvalledoseo.com)

É preciso inscribirse para coordenar o aloxamento e a cea. No camping existe a posibilidade de instalar tenda ou de reservar habitacións (a día 28 de maio quedan 8 prazas dispoñibles no albergue). Quen o desexe tamén poder buscar alternativas fora do camping.

Sábado:
09.00 Almorzo
10.00 Saída
11.00 Visita a restauración de Tremor
13.00 Afloramiento fósiles del Carbonifero en Valdesamario
13.30 Xantar en Pobladura de las Regueras
16.30 Visita Centro CIUDEN Viveiro
20.00 Volta para o camping
21.00 Cea

Domingo:
9.00 Almorzo
10.00 Roteiro polo Val do Seo
18.00 Volta para Compostela

É preciso inscribirse antes do xoves 7 as 12.00h da maña.
Máis info e inscripcións:
Ramsés Pérez
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlfn: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50
www.proxectorios.org

Pódese consultar o proxecto recuperación de entulleiras en O Bierzo nun artigo de Luis A. del Riego Celada na última Cerna de ADEGA, páxinas 34 e 35.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA