Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas |
|
|
Sábado, 16. Xullo 2011, 10:00
|
|
Dende a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, convidarvos ao Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra que vai ter lugar o sábado 16 de xullo durante todo o día. Estamos a preparar diversas actividades simultáneas, pero o principal é que haberá unha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, así coma de música e gastronomía todo pola defensa da terra, pola defensa d@s que a traballan e a coidan...e a desfrutan e protexen. Tamén o mercado basea a súa existencia na autohomenaxe á loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas.
O mercado terá un ambiente festivo e que servirá para que tod@s disfrutedes do Lugar, do seu patrimonio (cabaceiras, muíños, praias, agras e rotas polo monte) e das xentes e a realidade que se está vivir acó.
Durante toda a xornada do sábado 16 de Xullo, MERCADO ECOLÓXICO POLA DEFENSA DA TERRA, no que haberá ao redor de 20 postos onde labregas/os e artesás/áns da Comarca exporán os seu produtos.
RELACIÓN DOS EXPOSITORES
Alimentación Cooperativa de Agricultura Ecolóxca Raíña Lupa - Horta Ecolóxica,fariñas, patacas, conservas, mel e pan. Cooperativa Senra - A Estrada - Horta ecolóxica e mel. Finca da Cora - A Estrada - Horta ecolóxica, pasteis, galletas, conservas.... Dolores - Teo - Horta ecolóxica e rosquillas Xulio e Belén - Cambre - Pan e repostería ecolóxicas Equisol - Santiago - Comercio Xusto Menduíña - Cangas - Cervexa artesá Chus - Ulloa - Queixos Pulpeira Ánxel - O Carballiño - polbo
Apicultura Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán - Carnota - Mel Santi e Carmen - Louro - Mel
Artesanía Charamusca- Artesanía en cartón pedra- Carnota Nacho Porto- Cerámica- Carnota Bolatola- Xabróns e cremas artesás- Carnota Cesteiro de Rois- de xestas, carqueixa, etc...- Rois Cesteiro de Portosón- Bimbio e ferramentas- Portosón Charo- Cerámica- Carnota Tani- Coiro- A Ulloa Susana- Cerámica- O Courel Cristina- Cremas, xabróns con ingredientes naturais- O Courel
Postos informativos Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (A Coruña) Asociación Monte Pindo Parque Natural (Carnota) ADEGA (Galiza) Sindicato Labrego Galego (Galiza)
ACTIVIDADES:
-Presentación do libro "MADEIRA DE MULLER" escrito por Adela Figueroa Panisse, vocal de transportes de ADEGA as ilustracións foron realizadas por Celsa Sánchez Vázquez.
-Degustación de tomates, mel e pan.
-Música en directo con diversos grupos que amenizarán a xornada.
-Visita guiada ás terras da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica RAÍNHA LUPA de Quilmas.
Tamén haberá postos onde mercar o xantar e poder desfrutar o día enteiro en Quilmas e coñecer a súa contorna.
LOCALIZACIÓN Praza da Festa de Quilmas (no centro do Lugar), durante todo o día.
Contactos para expositores ou visitantes:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
697 364 124 981 760 227

|
Volver
|