Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Celebra o Día Mundial dos Océanos con ADEGA
Mércores, 8. Xuño 2011, 11:00

oceanos11O día 8 de Xuño con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos ADEGA, xunto á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e a Federación Galega de Surf van realizar unha actividade na praia do Ancoradoiro (Muros).

Sairemos de diferentes lugares, coa opción de compartir os coches cos voluntarios e voluntarias, dende Compostela ás 10 da mañá. A xornada comezará ás 11 horas aproximadamente no punto de encontro desta praia (o aparcadoiro).

Comezaremos cunha pequena presentación dos problemas actuais dos océanos e sobre todo se incidirá na grande cantidade de plásticos e residuos que albergan todos os mares do mundo, a súa orixe e as súas causas. A seguir realizaremos unha limpeza da praia tendo especial precaución co ecosistema dunar, tentando non alterar a fauna destes hábitats, e non pisar as dunas excesivamente. A retirada de lixo será manual e tentaremos recoller a maior cantidade posible de plástico e outros materiais de orixe antropoxénico que aparezan na praia, tamén organizaremos este lixo unha vez recollido dependendo da súa orixe.

Levaremos este lixo a un lugar visible para o servizos de limpeza (para a súa posterior retirada), e será entón a sesión de xantar e descanso. Pola tarde contaremos cunha actividade divulgativa por parte do presidente da CEMMA (Alfredo López) que nos falará das tarefas a realizar no caso dun varamento de cetáceos. Por outra banda explicará como facer unha monitorización destes animais.

Contaremos con voluntarios e voluntarias que se achegarán a este fermoso lugar para comprobar como a man do ser humano pode chegar a lugares insospeitados e contaminar ata o último recuncho do planeta.

+ info: Lucía Parente (ADEGA) tlf. 981 57 00 99 /669 80 69 08 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA