Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
2 de febreiro, Móllate polos Humidais!
Mércores, 2. Febreiro 2011, 10:00

Móllate polos humidais. Móllate polas lagoas de Xuño e Muro

Mollate-humidais2 de febreiro, DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS. A Fundación Biodiversidad e o CEHUM veñen de seleccionar unha actuación proposta polo Proxecto Ríos-ADEGA no marco da iniciativa “MÓLLATE POLOS HUMIDAIS”. Estas actuacións realizaranse con motivo da celebración no 2011 do 40 cabodano da Convención Ramsar e do Ano Europeo do Voluntariado; desenvolvendo no estado cinco actuacións simultáneas o día 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, unha delas en Galiza.

Proxecto Ríos-ADEGA ten previsto desenvolver nesas datas diversas actuacións encamiñadas a mellorar o estado ecolóxico de dous humidais protexidos; nomeadamente nas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña).

As intervencións pretenden divulgar os seus valores e problemáticas realizando actuacións dirixidas á eliminación de especias exóticas  invasoras. Os traballos realizaranse con voluntariado ambiental coordinados por persoal técnico do Proxecto Ríos-ADEGA, seguindo en todo momento as indicacións que establezan os servicios de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza e do Ministerio de Medio Ambiente, dacordo cos protocolos para a erradicación de especies exóticas invasoras.

Como actuacións previas para dar a coñecer a acción que se desenvolverá o día 2 de febreiro realizaranse:

-Charlas divulgativas para dar a coñecer os valores e as problemáticas dos humedais costeiros e para presentar  as actuaciones á población local e fomentar a sua participación na acción central do dia 2 de febreiro.

-Actividades cos centros educativos cercanos: Realizaranse actividades (charlas, talleres e salidas.), destacando a importancia dos humedais e a sua conservación. Con esta acción pretendese involucrar tamén á comunidade educativa no proxecto.

Baixa a Tarxeta humidais (941 Kb) coa información do acto.

PROGRAMA

09.00 Saída dende Santiago de Compostela
10.00 Parada en Porto do Son
10.30 Chegada: presentación da actividade
10.30 Roteiro polas lagoas
12.00 Comezo dos traballos de eliminación
14.00 Xantar
15.30 Continuación dos traballos
17.00 Remate dos traballos e foto de grupo
17.30 Regreso

As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro poden apuntarse no seguinte enderezo:

Ramsés Pérez
Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA