Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Acto informativo: Salvemos o Xallas!
Venres, 4. Xuño 2010, 20:30

Este venres 4 de xuño ás 20:30 no Salón de Actos do Concello de Cee expoñeremos a situación actual do Xallas e os planos de agresión previstos para as poucas zonas virxes que aínda quedan no curso do río. Os proxectos de construción de “minicentrais" eléctricas da empresa de Villar Mir, ao carón da paraxe natural da Carballeira de Anllares, única na comarca cun carballo autóctono, acabarán por converter o Xallas nunha paraxe morta e entubada.
Perante a ameaza destes proxectos, para os que Ferroatlántica ten pedido unha prórroga para a construción, debemos expresar o rexeitamento unánime de veciños/as, ecoloxistas, pescadores.... É máis custoso o prexuízo económico e ecolóxico da obra prevista que a rendabilidade económica que vai xerar. Ninguén ten dereito a enaxenar o uso dun río. LIBERDADE PARA O XALLAS !

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA