III xeira do voluntariado ambiental do Proxecto Corna |
|
|
Mércores, 2. Xuño 2010, 14:30 - 20:00
|
|
  Dentro dos actos do Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro mércores 2 de xuño ADEGA levará a cabo novas actividades de voluntariado ambiental dentro do PROXECTO CORNA. Avaliaremos o efecto das actuacións feitas para a conservación desta área dunar e continuamos coas medidas de protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus). Grazas a elas en 2008 e 2009 aniñaron 5 parellas, 3 con pitos. Traballamos tamén no control das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade deste contorno, en especial a Coniza e a Arctotheca, logo de que o Carpobrotus ficara xa erradicado.
PROGRAMA
14:30 - Chegada. Xantar de confraternidade na praia. 
16:00 - Presentación do Proxecto Corna: Fins Eirexas (xeólogo-ADEGA); Miguel Conde (biólogo). Colocación de sinalización informativa, seguemento dos exemplares aniñantes e medidas para protección da píllara papuda ( Charadrius alexandrinus).
17:00 - Eliminación de especies vexetais alóctonas e invasoras.
18:30 - Actividades complementares e tempo de lecer.
19:30 - Desprazamento a Coroso e sinalización da praia.
20:00 - Remate da actividade.
|
Volver
|