Adega
INICIO Actividades

ADEGA - O Carballiño

mpmn.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Montañas en Rede 2010: as montañas SI importan!
Sábado, 29. Maio 2010, 08:00

Faixa-MONTANHAS-10Os días 29 e 30 de maio ADEGA e RedMontañas convocan a 5ª edición de “MONTAÑAS EN REDE”, unha iniciativa reivindicativa dirixida a todas as persoas preocupadas polo futuro das montañas. O 2009 houbo 179 ascensións en toda a península, 20 delas na Galiza para reivindicar a protección das montañas. O lema deste ano é AS MONTAÑAS SI IMPORTAN !!

Participar é moi doado:

1. Descarrega a túa FAIXA MONTAÑAS 2010 (1 Mb)

2. Sobe á montaña/cumio/outeiro que prefiras e con quen prefiras (tamén podes ir ti só/a, pero ten moito coidado!!)

3. Facede unha foto no curuto coa vosa faixa.

4. Cando volvas a casa, sobe a túa foto á Galería Montañas en Rede 2010. Se queres, podes mandala tamén a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o cumio, autor/a e problemática do lugar e subirémoscha nós.

Este ano, hai tamén un CONCURSO FOTOGRÁFICO e de historias da montaña. Baixa as BASES (61 Kb) e participa!

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA