Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Actividades da Eira da Xoana
Sábado, 4. Decembro 2010, 11:00

“E  I   R  A    D  A    X  O  A  N  A” Ramil (Agolada)

Como probábelmente saberedes, cada primeiro sábado de mes, facemos traballos de acondicionamento e outras actividades na Eira da Xoana.

Este vindeiro sábado imos aproveitar o calendario biodinámico e a boa vontade do noso compañeiro Anxo para facer traballos silvícolas, neste caso de rareo de carballos para uso en construcción alternativa.

Outra das actividades que faremos será a de ollar a contorna e ver de lle tirar o mellor proveito a nível ambiental, facendo fotos ou traendo as que teñamos, que usaremos para ir facendo o “blog da Eira da Xoana” . Tamén podemos colaborar realizando  outras actividades de axuda nas que dadaquén pensa que poda ser útil.

Aproveitaremos, aliás, as castañas que ainda quedan para agasllármonos con estes bons froitos do outono, xa a piques de rematar.

Sábado,  4 de decembro

11.00 h  Comezo dos traballos
14.30 h Xantar ( empada, queixos da zona, castañas, ..etc)
16.00 h Continuación dos traballos
19.30 h Remataremos os labores e comezaremos a asar as castañas,
namentres se proxecta un vídeo sobre construción de casas de
palla, desfrutamos dun chiculate quentiño e nos quentamos ao
pé da cociña de leña cantando catro cantigas e falando dos
nosos proxectos que queremos compartillar.


NOTAS: Prezo da actividade, aportación solidaria: 5 euros (3 euros, socios/as de ADEGA)
Quen estea interesada/o, chame antes do venres aos teléfones:
659 683 384 (Pepe)
638 475 322 (Marcial)

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA