Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Manifestación en defensa de Preescolar na Casa
Sábado, 26. Novembro 2011, 12:00
ADEGA apoia a manifestación deste 26-N en Lugo en defensa de Preescolar na Casa

ADEGA apoia a manifestación convocada en Lugo este sábado 26 de novembro, en defensa do programa educativo Preescolar na Casa. O acto comezará ás 12h coa saída da praza de Ferrol (primeira sede de Preescolar na Casa) e concluirá diante da estatua do fundador do proxecto Antonio Gandoy,.

ADEGA rexeita a decisión da Xunta retirar as axudas para pretender eliminar o programa Preescolar na Casa. O resultado: deixar sen atención educativa a 4.000 familias e a perda de 43 postos de traballo no que constitúe un dos ataques máis graves á nosa lingua e ao sistema educativo perpetrado polo governo de Núñez Feijóo.

Dende 1977 Preescolar na Casa leva achegando ás familias un modelo pioneiro de intervención educativa 100% galego, solidario e vertebrador do territorio, un modelo recoñecido e louvado a nivel estatal e europeo. Agora a Xunta do PP pretende, na súa teima por atacar a nosa lingua e identidade cultural, retirarlle as axudas públicas e deixar que Preescolar na Casa esmoreza.

Facemos un chamado á cidadanía galega a participar na manifestación deste venres en Lugo a priol do mantemento deste proxecto educativo e contra este novo atentado da Xunta contra a nosa identidade cultural.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA