Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Subida a Cotodeira: fóra as canteiras do Suído
Domingo, 9. Maio 2010, 11:00
SUBIDA A COTODEIRA, EN DEFENSA DO PATRIMONIO E DA BIODIVERSIDADE

FÓRA CANTEIRAS DO SUÍDO!

Pola inclusión inmediata da Serra do Suído na rede Natura 2000

Pola ampliación do LIC río Tea

O 9 de maio, domingo, ás 11'00 horas da mañá, terá lugar unha visita guiada a Cotodeira co obxectivo de reivindicar os seus valores naturais, culturais e paisaxísticos, ameazados pola instalación dunha canteira, impulsada pola empresa Minor Galicia S.L.
Comezaremos a subida a Cotodeira dende a estrada forestal que une Bustelos con Ventín (Fornelos de Montes, haberá autobús dende Mondariz Balneario ás 10:30 horas). A visita transcorrerá ao longo de tres elementos fundamentais:

1. O foxo do lobo da Chan de Anduriña (o único duplo de Galicia e, que se saiba, un dos tres que existen no mundo desta categoría)

2. As brañas do Monte Maior (Prado de Arriba, Prado de Medio e Prado de Abaixo, incluídos na proposta de ampliación da Rede Natura 2000)

3. O Coto de Eira (884m., dende poderemos ollar o mar e as fracturas naturais que articulan a rede fluvial do sur da provincia de Pontevedra).

Ao finalizar a visita terá lugar a lectura dun manifesto en defensa dos valores do lugar e da súa inclusión nas figuras de protección medioambiental.

Para o que quede a xantar, en Mondariz Balneario, pola tarde, faremos unha visita guiada ao Balneario, e faremos unha glosa da figura de Peinador.

A visita guiada estará a cargo do naturalista Alexandre Cendón e do arqueólogo Alberte Reboreda, estudosos da zona. Convocan ADENCO e Asemblea do Suído (Federación Ecoloxista Galega, FEG).
Localización : www.asembleadosuido.org
Contacto : 670 858 938

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA