Adega
INICIO Áreas temáticas Transporte Impactos ambientais e sociais do transporte
Impactos ambientais e sociais do transporte PDF Imprimir Correo-e
Envia Impactos ambientais e sociais do transporte a FaceBookEnvia Impactos ambientais e sociais do transporte a Twitter
O actual sistema de transporte comporta unhas consecuencias de extraordinaria importancia tanto a nivel ambiental como social. As emisións dos combustíbeis fósiles son o principal causante do quecemento global e provocan importantes danos á saúde polo seu alto grao de concentración.

ciclistamascarilla.jpgPrincipais contaminantes emitidos polo uso de combustibles fósiles:

  • -Monóxido de carbono (CO).
  • -Dióxido de carbono (CO2)
  • -Dióxido de xofre (SO2).
  • -Óxidos de nitróxeno (NOX)
  • -Aldehidos
  • -Metais pesados (ainda que o chumbo estase a retirar das gasolinas quedan elementos como os pneumáticos, cuxa abrasión deixa restos deste metal, ou a utilización de catalizadores que introduce platino e paladio no medio ambiente).
  • -Compostos orgánicos volátiles (COV), como o benceno ou compostos orgánicos polinucleares. Ao reaccionaren cos óxidos de nitróxeno da lugar á formación de ozono na baixa atmosfera (prexudicial a diferencia do da estratosfera).

Principais efectos destes contaminantes

  • -Sobre a saúde: son sustancias irritantes, tóxicas e canceríxenas. Afectan directamente a capacidade inmunitaria do corpo, sendo directamente responsables do incremento de alerxias e enfermedades do aparato respiratorio que se está a constatar.
  • -Suciedade e erosión de distintos materiais dos edificios ou de elementos do patrimonio histórico.
  • -Acidificación das augas e do solo.
  • -Debilitación das masas forestais
  • -Diminución da producción agrícola.
  • -O CO2 contribúe ao cambio climático, o principal problema ambiental global.

Outros efectos importantes son a xeración de ruído ambiental, o efecto barreira das infraestructuras de transporte, a ocupación e segregación espacial das mesmas (un automóbil consome por persoa transportada 50 veces máis espacio, por termo medio, que o transporte público) ou o impacto visual.


Tamén dende o punto de vista sanitario e social, o actual modelo de transporte supón uns custos dificilmente asumibles. Vexamos algunhas cifras a modo de exemplo:

  • No Estado español, as perdas económicas ocasionadas polos accidentes supoñen uns tres billóns de pesetas, o 4% do PIB.
  • Hai 1.500.000 persoas discapacitadas, das cales o 50% son consecuencia directa de accidentes de tráfico.
  • Na Conferencia de Ministros de Sanidade celebrada en Londres en xuño de 1999, presentouse un estudio encargado pola Organización Mundial da Saúde que conclúe que os mortos prematuramente por enfermidades ocasionadas pola contaminación do tráfego nas cidades europeas igualan ou superan o número de mortos por accidentes de tráfego (44.000 nese ano).
  • Un 67% da poboación do Estado español non ten carné de conducir ou non ten acceso a un automobil para os seus desprazamentos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA