Adega
INICIO Áreas temáticas Residuos / Contaminación Alternativas á incineración de pneumáticos usados e a contaminación derivada
Alternativas á incineración de pneumáticos usados e a contaminación derivada PDF Imprimir Correo-e
Envia Alternativas á incineración de pneumáticos usados e a contaminación derivada a FaceBookEnvia Alternativas á incineración de pneumáticos usados e a contaminación derivada a Twitter

Resumo do informe elaborado por encargo de ADEGA para opoñerse ao emprego por parte da Cementeira Cosmos (Oural, Lugo) de pneumáticos usados como combustíbel.

informe_pneumaticos.pdf informe_pneumaticos.pdf (366.56 KB)

 

  • 1. Galiza xenera unhas 16.000 t/ano de pneumáticos usados, dos que hoxe a sua grande maioria están depositados en vertedeiros ou en instalacións a espera dalgún tipo de tratamento. Os penumáticos están constituidos nun 40-50% por caucho e elastómeros, negro de carbono, metal, textil, e unha longa lista de aditivos químicos, asi como diferentes elementos como enxofre, cloro, zinc e chumbo. Presentan un elevado poder calorfico, pero muitos dos elementos presentes actuan como contaminantes no proceso de combustión. Por outra banda, o caucho e elastómeros constituen un material elaborado de gran valor para diversos usos.

  • 2. Entre as alternativas de tratamento dos pneumáticos están aquelas que empregan os pneumáticos enteiros, e aquelas que empregan pneumáticos troceados ou pó de pneumático. Asimemso, o recuchutado é unha opción que nalgúns paises permite a redución de até o 20% das cantidades xeradas, porcentaxe que poderia ser incrementada mediante unha promoción e regulación adecuada. As restantes opcións de tratamento poden-se dividir en duas categorias: aquelas que teñen por finalidade a reutilización ou reciclaxe para diferentes usos do caucho dos penumáticos, por unha banda, e aquelas outras que buscan o aproveitamento enerxético mediante a combustión dos pneumáticos ou dos produtos que se oteñen destes.

  • 3. Mentres o vertido dos pneumáticos se considera non axeitado, a reciclaxe está aa umentar fortemente nos últimos anos na UE, tendo-se multiplicado por mais de catro as porcentaxes de pneumáticos destinadas á reciclaxe. O uso enerxético dos penumáticos tamén aumentou algo, pero a unha velocidade inferior que a reciclaxe, ao atopar-se con problemas relacionados coas emisións contaminantes á atmosfera.

  • 4. Hoxe existen numerosos proxectos de incineración e co-incineración de penumáticos, entre eles a utilización dos pneumáticos como combustibel secundário en fornos de fabricación de cemento. En concreto, nos últimos anos coñeceron-se até 24 proxectos de co-incineración de diferentes resíduos en cementeiras do Estado español, contando a maioria deles cunha forte oposición veciñal, de tal forma que muitos xa foron descartados. Asi, a pesar do interese deste e doutros sectores industriais como as fábricas de celulosa por empregar pneumáticos como combustíbel, esta opción está a crecer pouco no conxunto da UE.

  • 5. En relación coa emisión de contaminantes fortemente tóxicos a atmosfera atopamos unha diversidade de opinións entre os técnicos, ao tratar-se dun problema complexo e que afecta a muitos intereses. Sen embargo, muitos estudos técnicos, incluídos algúns oficiais, mostran un incremento da contaminación durante a co-incineración de pneumáticos, que se ven a suamar ás emisións dunha indústria xa considerada como actividade insalubre e nociva. Por outra banda, as novas normativas europeas (Directiva 96/61/CE sobre a Prevención e controle integrado da Contaminación, Directiva 2000/76/CE sobre o funcionamento e as emisións da incineración e co-incineración de resíduos, Estratéxia comunitaria sobre dioxinas e furanos, Convenio de Estocolmo sobre a erradicación dos contaminantes orgánciso persistentes, etc) indican que o nivel de emisións actual é fortemente daniño para a saude e o medio ambiente e establecen condicións de operación e limites de emisión muito mais estrictos. Estas normativas da UE consideran xustificada a preocupación cidadá polas consecuencias das emisións de incineradoras e de determinados sectores industriais.

  • 6. Os dados disponíbeis sobre as emisións contaminantes por parte da fábrica de COSMOS en Oural son mui escasos, referindo-se só a dous ou tres parámetros de entre os muitos que as novas normativas exixen determinar. Sen embargo, abondan estes dados para poder concluir que, incluso sen combustión de pneumáticos, a cementeira COSMOS deberáproceder nos próxios anos a unha redución das suas emisións contaminantes, co obxectivo de cumprir a nova normativa europea. A este respeito temos unha primeira pergunta: dificultará a combustión de pneumáticos o cumprimento dos novos obxectivos ambientais?. Xa dixemos mais arriba, e no informe mostran-se os dados concretos, que en muitos casos, as emisións durante a co-incineración ven-se incrementadas.

  • 7. Só se dispón dunha medida de emisión de dioxinas, que permite estimar unha emisión anual mínima de 0,018 g ET (equivalentes tóxicos) de dioxinas e furanos. Por mais que semelle unha emisión reducida, a consideración das doses máximas de inxestión fixadas na Estratéxia comunitária sobre dioxinas e furanos (2 millónesímas de millonésima de gramo ET por kg de peso corporal e dia), permite-nos ver que o seu potencial tóxico é mui elevado.

  • 8. Segundo se expón no capítulo 7 deste informe, o estudo de efeitos ambientais presentado pola empresa é mui deficiente en canto a información técnica que aporta, obviando calquera consideración sobre as emisións contaminantes. Non contempla por iso ningún tipo de medida correctora para reducir estas emisións. Todo isto é indicativo dunha escasa preocupación polas consecuéncias ambientais da combustión de pneumaticos por parte dos técnicos redactores do proxecto e do estudo de efeitos ambientais. As alternativas de alimentación dos pneumaticos ao forno, os tempos de residéncia dos gases e as temperaturas a que se ven sometidos, o feito de que se xeneran hidrocarburos poliaromáticos durante a pirólise e combustión do caucho, a posibilidade da preséncia de plástico e outros resíduos clorados entre os pneumáticos, e a necesidade de mellorar os sistemas de depuración de fumes, deberian ser aspectos tidos en conta no proxecto orixinal.

  • 9. Cando o caucho se somete a altas temperaturas, antes de iniciar-se a sua combustión sofre un proceso de craqueo, no que forman grandes cantidades de moléculas cíclicas e policíclicas. Algunhas das substáncias cíclicas son tóxicas e outras son canceríxenas, tendo a maioria estructuras mui similares a coñecidos compostos canceríxenos. Tamén son percursoras de dioxians e furanos. En preséncia de oxíxeno, como ocorre nas cementeiras, aumenta o número e a variedade de compostos, tendo-se identificado mais de 250 substáncias diferentes.

  • 10. Segundo se explica en detalle no capítulo 6 deste informe, existen catro alternativas de alimentación de pneumáticos a un forno de cemento, sendo a elixida por COSMOS, como consecuéncia de que se trata dun forno mui corto, a alimentación directamente ao intercambiador. Esta opción é a que presenta maiores riscos de que as substáncias desprendidas durante a combustión dos pneumáticos persistan nos gases de saída e poidan orixinar outros contaminantes como as diozinas.

  • 11. Os dados de emisións de particulas e dióxido de enxofre mostran que se cumple sen problemas os limites da normativa española do ano 1975. Esta normativa deveriaconsiderar obsoleta, sen embargo segue sendo a que ten en consideración tanto o proxecto como a autorización dada pola Conselleria. Pero, como xa se indicou, a fábrica de COSMOS deberia introducir novas medidas de depuración dos fumes para cumprir a nova normativa europea, e analisar e cumprir límites para outras muitas substáncias, segundo se reficte no cadro 1.

  • 12. A Directiva 2000/76/CE exixe toda unha série de condicións de operación, medidas de seguridade e análises de contaminantes que en xeral o proxecto non ten en conta. No cadro 2 comparamos as previsións da empresa COSMOS cos obxectivos e obrigas fixados na nova directiva.

 

Cadro 1

graficooural1.gif

Cadro 2

graficooural2.gif

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA