Adega
INICIO Áreas temáticas Residuos / Contaminación Efectos sobre a saúde dos Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (HAPs)
Efectos sobre a saúde dos Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (HAPs) PDF Imprimir Correo-e
Envia Efectos sobre a saúde dos Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (HAPs) a FaceBookEnvia Efectos sobre a saúde dos Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (HAPs) a Twitter
O pasado mes de Nadal a Comisión pro residuos mínimos de Oural fixo entrega ,a todos os grupos parlamentarios galegos, dun informe sobre os efectos sobre a saúde de dioxinas furanos e PCBs. A Comisión sigue traballando no tema e tras consultar con especialistas foi alertada sobre o gran risco de emisión de Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos (HAPs) si o proxecto de incineración de neumáticos na Cementeira Cosmos de Oural fora levado adiante.
ferroatlantica6.jpgPor este motivo facemos entrega deste novo informe sobre estes perigosos productos derivados da combustión incompleta da materia orgánica.
Todo o mundo recorda a alerta sanitaria producida o ano pasado pola presencia de benzopireno en aceite de oruxo de oliva.
O benzopireno é o HAPs mais coñecido,e a sua alta toxicidade (fundamentalmente a sua capacidade de producir cancro) levou ás autoridades a inmovilizar o aceite de oruxo e a emitir un Real Decreto regulando as cantidades máximas permitidas de benzopireno e outros HAPs neste tipo de aceite.
Este feito demostra que ninguén, e moito menos as autoridades sanitarias, dubidan da nocividade destes productos químicos

Orixe e química

Os HAPs son un grupo de hidrocarburos constituidos por moléculas que conteñen dous o máis aneis aromáticos de 6 carbonos fusionados entre si.
Xeralmente, os HAPs prodúcense por combustión de materia orgánica. A maioria deles son liposolubles.
O seu número é enorme.Os mais ampliamente dispersos na natureza son:Naftaleno , Fenantreno , Antraceno,Fluorantreno Pireno , Benzoantraceno , Benzopireno , Perileno e Coroneno .
Existen fontes naturais de HAPs, principalmente os incendios forestais e a actividade volcánica. Nerbangantes as principaies fontes de emisión dependen da actividade humana que implique a combustión de materia orgánica como pode ser centrais térmicas, incineradoras, calefacions domésticas, automóbiles etc.

O consumo de tabaco e outra das fontes de HAPs. A nicotina produce a adicción e os HAPs presentes no fume do tabaco producen o cancro de pulmón.
Unha completa combustión de materia orgánica daría como resultado a obtención de dióxido de carbono e auga. Esto tendría lugar en condicións de alta temperatura e de suficiente oxíxeno. Nembargantes, na maioría das ocasions o oxígeno non está nas cantidades necesarias como para garantir esta reacción de modo totalmente eficaz, e como consecuencia alguns fragmentos orgánicos reaccionarán con outros cercanos podéndose formar unha gran variedade de HAPs, dependendo das condicions que existan nese momento. Por exemplo, a formación de HAPs estará máis favorecida canto menor sexa a disponibilidade de oxíxeno no ambiente para completar a combustión.
Estas condicións de baixa disponibilidade de oxíxeno danse no proxecto de incineración de neumáticos na Cementeira Cosmos de Oural.

Os HAPs podense incorporar ó organismo por inxestión, inhalación ou absorción dérmica. Como consecuencia da sua baixa solubilidade en auga, e alta solubilidade en sustancias de natureza lipídica,acumúlanse nos seres vivos e na materia orgánica de partículas e sedimentos, podendo permanecer así longos periodos de tempo, garantindo a sua biodisponibilidade.
A lentitude con que degrádanse estos compostos provocan a sua acumulación en plantas, peces e invertebrados incorporándose á cadea alimentaria.
Os compostos de maior peso molecular (p.e. benzopireno) son altamente persistentes e polo tanto bioacumulables.

 

Efectos sobre a saúde dos HAPs

Os efectos canceríxenos dos HAPs e especialmente o benzopireno están claramente establecidos.
A presencia destes compostos como contaminantes atmosféricos esta relacionada co incremento do risco de contraer cancro de pulmón.(1) A asociación entre cancro de pulmón e a proximidade de industrias con emisións de HAPs está comprobada(2)

Existe a sospeita de que os fillos de traballadores expostos podan desenvolver cancro do sitema nervioso central.Esta asociación é mais consistente en traballadores do sector do petroleo con altos niveis de exposición.(3)

Os HAPs poden producir alteracións no ADN dos fetos .Esto demostrouse en fillos de nais fumadoras(4) e en nais expostas a polucion atmosférica industrial e domestica con HAPs (5).Os nenos recen nacidos mostraron un significativo descenso na talla, peso e perímetro craneal.(6)

O proceso de inducción de cancro en mamíferos producido polos HAPs, é un mecanismo complexo que está parcialmente estudiado.Involucra un grupo de enzimas que son capaces de convertir os compostos xenobióticos lipofílicos (incluidos os HAPs) en productos solubles en auga. Este tipo de enzimas son as "Mixes Function Oxidasas" (MFO) que pertenecen o grupo citocromo P450. Este sistema enzimático é estimulado dentro dun organismo por exposición a compostos lipofílicos persistentes. Repetidas exposicions a estos compostos dan como resultado a inducción de cantidades incrementadas deses enzimas.
O proceso de transformación de composto lipofílico a composto soluble en auga supon a inserción dun átomo de oxíxeno na estructura do composto en forma de epóxido, ca consiguinte hidrólise que o transforma en didriol epóxido. Esta é a forma na que os HAPs son capaces de unirse a zonas de moléculas como ADN ou hemoglobina, e teñen a capacidade de causar a formación dun tumor. Hay que ter en conta, que esta última reacción de transformación pode levar máis ou menos tempo, e que é un mecanismo que ainda non se coñece en profundidade.

Aspectos legais

O risco que presentan os HAPs para a saúde humana comenzaron a ser considerados pola lexislación en distintos ámbitos. Así, a Directiva 2000/76/CE do 4 de Nadal do 2000 sobre a incineración de residuos, obriga ós estados membros a establecer os límites máximos de emisión de HAPs sobre a base das recomendacions da OMS.
Os valores máximos en augas potables estan establecidos en 0.2 mg/L de HAPs totais (RD 1138 / 1990).
Tras comprobarse a absorción dérmica dos HAPs, podendo producir cancroxénese dérmica e sistémica, prohibese mediante a Directiva 97/45/CE o uso de alquitrans de hulla brutos e refinados nos productos cosméticos.
Existe así mismo normativa acerca das exposicions laborais a estes compostos,
a través do RD 665/1997.
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo cataloga alguns destes compostos, como o benzopireno, como mutaxénico e teratoxénico.
Tras a alerta sanitaria producida pola presencia de benzopireno en aceite de oruxo de oliva publícase no BOE a orde do 20 de Xullo do 2001, pola que establecense límites de determinados HAPs en aceite de oruxo de oliva, así como recomendase establecer prácticas axeitadas que reduzcan o seu contido o máximo posible.Os límites máximos tolerables que establecense para cada un dos HAPs ten que ser menor o igual a 2 mg/kg de aceite, e a suma total dos posibles analitos cuantificados non deben superar os 5 mg/kg.

Conclusións

A emisións de Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos que xunto con outras sustancias químicas produciríanse ca incineración de neumáticos incrementaría o risco de padecer cancro de pulmón entre a poboación da zona.
Existe risco para os nenos cuias nais pasen o embarazo na área contaminada de padecer cancro do sitema nervioso central, alteracións no ADN,ademais de disminución de peso,talla e perímetro craneal.
Compostos como o benzopireno que son bioacumulables poderian incorporarse á cadea alimentaria.

 

Bibliografía

(1) Occupational lung cancer risk for men in Germany: results from a pooled case-control study
I Bruske-Hohlfeld, M Mohner, H Pohlabeln, W Ahrens, U Bolm-Audorff, L Kreienbrock, M Kreuzer, I Jahn, HE Wichmann and KH Jockel
GSF-Institute of Epidemiology, National Research Center for Environment and Health, Neuherberg, Germany.
American Journal of Epidemiology, Vol 151, Issue 4 384-395, Copyright © 2000 by Oxford UniversityPress
(2)Lung cancer and air pollution in southcentral Los Angeles County
BE Henderson, RJ Gordon, H Menck, J Soohoo, SP Martin and MC Pike
American Journal of Epidemiology, Vol 101, Issue 6 477-488, Copyright © 1975 by Oxford University Press

(3) Childhood nervous system tumors--an evaluation of
the association with paternal occupational exposure to hydrocarbons

CC Johnson, JF Annegers, RF Frankowski, MR Spitz and PA Buffler
American Journal of Epidemiology, Vol 126, Issue 4 605-613, Copyright © 1987 by Oxford UniversityPress
(4) Biomarkers of Polycyclic Aromatic Hydrocarbon-DNA Damage and Cigarette Smoke Exposures in Paired Maternal and Newborn Blood Samples as a Measure of Differential Susceptibility1
Robin M. Whyatt2, Wieslaw Jedrychowski, Kari Hemminki, Regina M. Santella, Wei-Yann Tsai, Ke Yang and Frederica P. Perera
Divisions of Environmental Health Sciences [R. M. W., R. M. S., F. P. P.] and Biostatistics [W-Y. T.], Mailman School of Public Health, Columbia University, New York, New York 10032; College of Medicine, Jagiellonian University, Krakow, Poland 31014 [W. J.]; and Department of Biosciences at Novum, Karolinska Institute, Huddinge, Sweden S14157 [K. H., K. Y
Cancer Epidemiology Biomarkers & Prevention Vol. 10, 581-588, June 2001
© 2001 American Association for Cancer Research

(5) Association between Polycyclic Aromatic Hydrocarbon-DNA Adduct Levels in Maternal and Newborn White Blood Cells and Glutathione S-Transferase P1 and CYP1A1 Polymorphisms1
Robin M. Whyatt2,3, Frederica P. Perera2, Wieslaw Jedrychowski, Regina M. Santella, Seymour Garte and Douglas A. Bell
Joseph L. Mailman School of Public Health of Columbia University, Division of Environmental Health Sciences, New York, New York 10032 [R. M. W., F. P. P., R. M. S.]; College of Medicine, Jagiellonian University, Krakow, Poland [W. J.]; Environmental and Occupational Health Sciences Institute, Piscataway, New Jersey 08854 [S. G.]; and National Institute of Environmental Health Sciences, Research Triangle Park, North Carolina 27709 [D. A. B.]
Cancer Epidemiology Biomarkers & Prevention Vol. 9, 207-212, February 2000
© 2000 American Association for Cancer Research

(6) Recent developments in molecular epidemiology: A study of the effects of environmental polycyclic aromatic hydrocarbons on birth outcomes in Poland
FP Perera, RM Whyatt, W Jedrychowski, V Rauh, D Manchester, RM Santella and R Ottman
School of Public Health, Columbia University, New York, NY 10032, USA.
American Journal of Epidemiology, Vol 147, Issue 3 309-314, Copyright © 1998 by Oxford University Press

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA