Adega
INICIO Áreas temáticas Biodiversidade A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria
A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria PDF Imprimir Correo-e
Envia A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria a FaceBookEnvia A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria a Twitter
i27801.jpgA primeira proposta de Galiza para a Rede Natura é aínda do ano 1.999 (sete anos despóis da Directiva) e, ben a pesar das disposicións da Directiva Europea, durante os sucesivos governos de Fraga apenas se tén servido para outra cousa que para especular coa súa protección limitando usos aos propietarios para convertilos en oferta de solo barato para todo tipo de instalacións.
<div align="justify"><font size="2"><img hspace="15" height="143" width="190" vspace="5" border="0" align="right" src="http://www.adega.gal/info/090121joomla/images/stories-mambo/items/i27801.jpg" alt="i27801.jpg" title="i27801.jpg" /></font>A primeira proposta de Galiza para a Rede Natura &eacute; aínda do ano 1.999 (sete anos despóis da Directiva) e, ben a pesar das disposicións da Directiva Europea, durante os sucesivos governos de Fraga apenas se t&eacute;n servido para outra cousa que para especular coa súa protección limitando usos aos propietarios para convertilos en oferta de solo barato para todo tipo de instalacións</div>
A NECESIDADE DA REDE NATURA 2000
A conservación da enorme biodiversidade de hábitats e especies do planeta é moito máis que unha necesidade emocional e estética da especie humana: só dende esa enorme biodiversidade foi posíbel a evolución da vida e só dende a súa conservación é posíbel afrontar o futuro da vida e de nós mesmos no planeta Terra; nela, ademáis, temos nós, -a especie humana-, un máis que imprescendíbel recurso para o mantenemento e millora da nosa calidade de vida.
Desta consciencia e sensibilidade é que nace, baixo impulso directo da Unión Europea, a Rede Europea de Espacios Naturais NATURA 2000, impoñéndolles aos Estados membros, a través da Direc-tiva Hábitats (1.992), a necesidade de protexer e conservar de forma máis especial a todos aqueles hábitats e especies en perigo de desaparición (prioritarios).

A ESPECULACIÓN DO GOVERNO FRAGA SOBRE A REDE NATURA:
A primeira proposta de Galiza para a Rede Natura é aínda do ano 1.999 (sete anos despóis da Directiva) e, ben a pesar das disposicións da Directiva Europea, durante os sucesivos governos de Fraga apenas se tén servido para outra cousa que para especular coa súa protección limitando usos aos pro-pietarios para convertilos en oferta de solo barato para todo tipo de instalacións (canteiras, parques eólicos, minicentrais, etc.) que, -xa sexa no Xistral, no Courel ou nas Catedrais, no interior ou na costa-, sempre se xustifican en base a unhas declaracións de impacto ambiental realizadas por encargo. E así, mentras noutras comunidades autónomas os espacios da Rede Natura non só foron efectivamente protexidos, senón que se teñen convertido nun recurso máis da dinamización social e económica da povoación rural, en Galiza a desprotección tén sido total até o punto de chegar, -Decembro do 2004-, a modificar a Lei de ordenación urbana e de protección do meio rural do 2002 para facer aínda máis doada a ocupación dos espacios protexidos por todo tipo de instalacións.

Despóis dos parques eólicos de O XISTRAL, sobre un hábitat prioritario único en Europa, -as tur-beiras de cobertor, só presentes aquí e nas costas nórdicas-; despóis dos parques eólicos do Candán ou do Faro; despóis das canteiras do COUREL, etc, etc, o PLAN SECTORIAL DE PARQUES DE TECNOLOXÍA ALIMENTARIA da COSTA GALEGA, afectando a nove espacios da REDE NATURA, apro-bado no Consello da Xunta do 30 de Xuño, -por un governo en funcións e despóis de pouco máis dun mes de tramitación-, é o último exempro dun governo de FRAGA sen escrúpulos para, a pesar da súa interinade, ofertar e reservar solo barato para os seus amigos do chamado cluster de acuicultura.

CABO VILANO, RINLO, TOURIÑÁN,... OS PRIMEIROS PASOS DO PLAN SECTORIAL DE PARQUES DE TECNOLOXÍA ALIMENTARIA CONTRA A NOSA REDE NATURA DO LITORAL

Despóis do visto en Cabo Vilano, o caso de RINLO (Ribadeo) é hoxe o máis actual e tamén máis escandaloso.


UNHA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL Á MEDIDA: non importa que a Directiva diga que nunha zona que albergue hábitats prioritarios só se poderán alegar razóns de seguridade e saúde pública ou razóns imperiosas de interese público de primeira orde que, en todo caso, hai que demostrar, a realidade é que sobre unha parcela de 42.000 m2 en pleno LIC con hábitats prioritarios, sen ter, -ademáis-, estudado o impacto dos vertidos sobre o banco de percebes colindante e sen sique-ra mencionar o impacto que pode derivarse de retirar do mar de 15.000 a 20.000 crías de polbo que non van a poder reproducirse, o impacto desta instalación, por razóns só imputábeis ao nome do pro-motor, queda reducido a 427 m2 facilmente recuperábeis con só entregar unha memoria de medidas compensatorias.

UNHA LICENCIA MUNICIPAL DE OBRAS TOTALMENTE ILEGAL: en base a esta declaración de impacto ambiental fraudulenta; a uns infomes municipais que nen siqueran mencionan que se trata dun espacio protexido e cun proxecto sectorial teóricamente aprobado no último Consello da Xunta do Sr. Fraga (28/07/05), o concello de Ribadeo otorga unha licencia de obras sen agardar a que a Conse-llería de Pesca lle conceda nen o permiso de explotación nen a autorización para ocupación do dominio público e da zona de protección. Unha licencia, pois, totalmente ilegal e coa que o promotor inicia as obras a mediados de Agosto.

UNHAS OBRAS DELICTIVAS: sen ningunha autorización da Consellería de Pesca, cunha licencia mu-nicipal ilegal, ACUINOR inicia as obras de preparación da parcela a mediados de Agosto coa consecuen-te destrucción duns hábitats protexidos e en perigo de desaparición: para o Código Penal, un claro exempro de delito ecolóxico.


UNHA CORRUPCIÓN MANIFESTA: O Sr. Alvárez-Cascos inicia a tramitación deste proxecto en Maio do 2004 ubicándoo sobre unhas parcelas procedentes da concentración parcelaria de Vilaframil que eran, entón, propiedade da Consellería de Agricultura e que inexcusabelmente necesitaba. ¿De que for-ma sabía o Sr. Alvárez Cascos en Maio do 2004 cando presenta no Concello de Ribadeo a solicitude de licencia que a Xunta de Galiza lle ía vender esas dúas parcelas por adxudicación directa, sen sometelas ao trámite normal de venda en pública subasta? ¿E como podía saber que a Consellería de Meio Ambiente non ía tampouco a exercer o dereito de retracto que a Lei de Conservación da Natureza lle otorga sobre a venda de calquer parcela pertenecente a espacios naturais protexidos?. ¿Acaso é xusto, -consideracións ambientais aparte-, que se poda vender a 1 €/m2 un solo que vai a ser urbanizado cun edificio administrativo de dúas plantas de 1600 m2 cada unha e que, no resto, vai ser ocupado por unha instalación industrial para engorde de polbo e rodaballo?. ¿Que siñifica esa carta do Sr. Alvárez Cascos a un tal querido Martin?
E aínda máis: ¿de que forma podía saber o Sr. Alvárez-Cascos en Maio do 2004 que, por riba do que dispoñen as Directivas Europeas, ía contar cunha declaración de impacto ambiental á medida e que, ademáis, ía a ser modificada (en Decembro do 2004) a Lei de ordenación urbana e de protección do meio rural do 2002 para facilitar a autorización de instalacións de acuicultura en solo rústico de protección de espacios naturais?

UNHA INXUSTIZA INACEPTÁBEL: se a Lei ha de ser igual para todos, non resulta doado de enten-der que alí onde o propietario do solo ou calquer veciño de Rinlo ou Ribadeo non puido levantar a súa casa, o seu chalet ou o seu negocio por tratarse dun solo de espacios protexidos, poda logo D. Ramón ocupar unha parcela de 42.000 m2 cunha instalación industrial para engorde de polbo e rodaballo e unha edificación de dúas plantas. Dende calquer punto de vista declarar a protección dun espacio para provocar a súa venda a baixo precio e, a continuación, -logo da súa oportuna recalificación a través do tamén oportuno proxecto sectorial-, permitir a súa urbanización para unha instalación industrial, -de acuicultura ou de calquer outro tipo-, tiña que ser, ademáis de manifesta inxustiza, un delito moi clara-mente tipificado.

UNHA INDIGNIDADE SOCIAL: esta mesma granxa de cultivos mariños para engorde de polbo e rodaballo foi presentada xa antes nos concellos asturianos de Valdés (en Setembro do 2002 e Febreiro do 2003) e no de Castropol (en Setembro do 2003). Ben seguro que, ao igual que en Ribadeo, ningún destes dous concellos anda sobrado de postos de traballo e, a pesar disto, en ambos os dous foi rexeitada, -xa dende a mesma instancia municipal-, por afectar a espacios protexidos. ¿E, entón, acaso que os nosos espacios da Rede Natura son de menos valor que os asturianos?

E A XUSTIZA?: Non debera de ser, dende logo, papel da administración de Xustiza sair en defensa duns hábitats prioritarios que a Administración non se manifesta disposta a protexer. Pero como insti-tución encargada de facer que a Lei se aplique a todos e todas por igual, non podemos menos que la-mentar a súa falta de sensibilidade e preocupación polo meio ambiente. ¿Como explicar, se non, que se poda dar máis valor á declaración e aos informes duns biólogos pagados pola empresa e que, sen escrúpulos de ningún tipo, se desdicen do que previamente deixaran escrito no Estudo de Impacto Ambiental e nos informes ambientais do Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, que aos informes do SEPRONA, da mesma Consellería de Meio Ambiente ou dos investigadores da Universida-de?. ¿Como explicar que non haxa paralización cautelar para unhas obras que a mesma Administración declara que carecen de autorización para a ocupación do dominio público e da súa zona de protección?.

AS RESPONSABILIDADES: A primeira é, dende logo, da anterior Consellería de Meio Ambiente ao formular unha declaración de impacto ambiental favorable, en contra do que dispón a Directiva Hábi-tats. A segunda tena o Concello de Ribadeo ao dar unha licencia de obras sen agardar polas demáis autorizacións da Xunta de Galiza e, sobre todo, por, -en lugar de rectificar-, reincidir na defensa a ul-tranza da empresa e dunha ubicación cando caben en Ribadeo e no mesmo Rinlo moitas outras ubica-cións fora da Rede Natura. O. Sr. Alcalde terá, en todo caso, que explicar que tipo de negocio o une a ACUINOR para presionar con tanto interese ás Consellerías de Pesca e Meio Ambiente. Igual responsa-bilidade tén a actual Consellería de Meio Ambiente por negarse a aplicar a lexislación de protección destes espacios da Rede Natura, excusándose na herencia do governo anterior. Argumentos técnicos e medios xurídicos non lle faltan para elo: exercer o dereito de retracto sobre as parcelas vendidas pode ser un deles, se é que hai vontade política de non claudicar fronte as presións do Sr. Alcalde e aos intereses nada altruistas de D. Ramón Alvárez-Cascos.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA