ADEGA

Inicio / Multimedia / Imaxes /

Imaxes

Neste apartado atoparás as imaxes tomadas por ADEGA ou que lle foron cedidas relativas ás súas actividades, actos reivindicativos, roldas de prensa ou xornadas de formación ou divulgación. Compárteas e difúndeas!

Lectura do manifesto “Ponte no medio. Móvete polo territorio” no Obradoiro

Imaxes correspondentes á lectura do manifesto “Ponte no medio. Móvete polo territorio” de ADEGA, na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. O texto, que avoga por unha ordenación sustentábel do territorio galego, foi lido por unha manchea de persoas recoñecidas do ámbito ambiental, cultural, universitario ou social de Compostela.
+ en Picasa

Lanzamento da Campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” en Compostela

Imaxes correspondentes ao lanzamento da Campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” de ADEGA, o 16 de abril de 2011 no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. No acto deuse lectura ao manifesto por unha ordenación sustentábel do territorio galego na que participaron 22 persoeiros do mundo das artes, das letras e das ciencias de Galiza.
+ en Picasa

V Limpeza Simultánea de ríos 2012 de Proxecto Ríos

O 30 de setembro de 2012 celebrouse a V Limpeza Simultánea de Ríos. Nesta edición participaron máis de 500 persoas voluntarias e colaboraron unhas 50 entidades, das cales máis dunha trintena foron concellos. Aquí podes ver o albúm de fotos da xornada. Unha vez máis agradecer a tod@s os voluntari@s e concellos a vosa participación e colaboración!

+ en Picasa

Expo itinerante “Rir, por non chorar” Por unha ordenación territorial sustentábel. (2012)

ADEGA inaugurou o 3 de xullo en Lugo a exposición de humor gráfico “Rir, por non chorar” na Praza de San Marcos de Lugo ás 12 horas. A mostra brinda a todos os cidadáns da provincia de Lugo unha oportunidade para achegarse ás problemáticas ambientais galegas que afectan ao noso territorio dende outro prisma, a través da visión irónica e crítica dos artistas gráficos galegos. Esta mostra percorreu xa varias localidades da provincia de Lugo, ademais da capital, como Viveiro e Monforte.

+ en Picasa

Conservando as nosas dunas en Porto do Son

Máis de 50 voluntarias e voluntarios chegados de diferentes lugares de Galiza participaron nestas xornadas celebradas no concello de Porto do Son e no da Pobra do Caramiñal o 5 e 19 de xullo de 2012. A Fundación Biodiversidad seleccionou esta proposta de ADEGA dentro do seu programa “Playas, voluntariado y custodia del territorio” co lema “Conservando as nosas dunas". As actividades desenvolvéronse en ecosistemas litorais dunares, e alén de eliminar especies invasoras, divulgaron esta problemática entre a sociedade, que é a segunda causa da extinción de especies. Unha parte das xornadas tamén estivo centrada noutros problemas ambientais destes ecosistemas como as poboacións ameazadas da píllara das dunas. + en Picasa

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal