Inicio / Axenda / Outras actividades /
ADEGA apoia as mobilizacións convocadas pola plataforma Galiza pola Paz para o domingo 20 de marzo nas sete cidades galegas, ás 12 horas do mediodía. Pola volta á diplomacia como única vía para a resolución deste conflito!
ADEGA participará na charla informativa sobre o parque eólico Reboiro convocada polo BNG de Baralla e que afecta especialmente a este concello e aos municipios de O Corgo e Castroverde. Será este venres 18 de marzo, ás 16:30 h no Centro sociocultural
ADEGA, a través do seu presidente, Roi Cuba, participará na xornada organizada polo Consello Económico e Social co título "Cambio Climático e Transición Enerxética". A intervención de ADEGA será este venres ás 11:00 h. en directo polo Youtube do CES.
Outorgarase o recoñecemento "Raíña Lupa" ao traballo no ámbito cultural ou no medio ambiente do país.
O vindeiro sábado 19 de febreiro, o Movemento Arredista convida a ADEGA a participar nun Encontro Aberto sobre políticas locais e transformación social no Centro Cívido de Fontiñas, ao que acudirá o presidente de ADEGA, Roi Cuba.
Palestra que organiza Galiza Nova en Xinzo de Limia este venres, e que impartirá o vogal de ADEGA, Tonio Nogueira. A charla versará do boom eólico que afecta actualmente á provincia de Ourense.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal