ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
16-11-2022

Conferencia no Parlamento Europeo: 20 anos do Prestige

ADEGA participará este mércores 16N na Conferencia Europea “20 anos do accidente do Prestige: análise da seguridade marítima en Europa”, organizada polo BNG no Parlamento Europeo. Poderás seguila en liña.

+info

06-11-2022

Gran manifestación: Por unha CRTVG ao servizo do pobo.

ADEGA apoia a marcha convocada pola polo Comité Intercentros da CRTVG o vindeiro domingo, 6 denovembro, nas rúas de Compostela para denunciar que o goberno galego ten secuestradas a radio e a televisión públicas de Galiza.

+info

Do 18-10-2022 ao 25-10-2022

Oferta de posto de traballo de ADEGA - Comunicación

A presentación de currículos poderase facer por e-mail (enviando a organizacion@adega.gal) indicando no asunto “Convocatoria posto de traballo comunicación”. A data límite para a presentación será o vindeiro martes 25 de outubro, ás 14.00 hora

+info

21-10-2022

Charla sobre a problemática eólica nor rural (Carballo)

ADEGA impartirá unha charla informativa sobre a problemática do desenvolvemento eólico no rural galego, o venres 21 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro Social de Imende (Carballo), no marco do programa "Actívate no Outono", en Noicela-Rebordelos.

+info

15-10-2022

Manifestación en defensa do monte veciñal

O sábado, 15 de outubro, Compostela acollerá unha manifestación en defensa do monte veciñal convocada pola ORGACCMM, cun obxectivo principal: unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega.

+info

10-10-2022

Realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel

Alberte Sánchez Regueiro, membro do Consello de Redacción da Revista Cerna participará nesta xornada do Consello da Cultura Galega para falar da "A supervivencia das publicacións especializadas".

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal