ADEGA

Educación ambiental

Formulario de busca
Do 02-10-2016 ao 03-10-2016

IX Limpeza Simultánea de Ríos

O día 2 de outubro celebraremos a novena edición da Limpeza Simultánea de Ríos. Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados.

+info

24-09-2016

Voluntariado ambiental para a eliminación de invasoras no río Limia

ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental para o sábado 24 de setembro. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é o río Limia e a contorna da Lagoa de Antela que forman parte do ZEC Baixa Limia.

+info

09-07-2016

XII Encontro de Voluntariado e Bioblitz do Proxecto Ríos

Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o día 9 de xullo de 2016 nas ribeiras do río Sor. Este ano, continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz.

+info

Do 05-07-2016 ao 07-07-2016

Voluntariado ambiental na illa de Sálvora

A vindeira xornada para a eliminación de especies exóticas invasoras terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo.

+info

18-06-2016

Voluntariado para eliminación de invasoras na lagoa de Louro

ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental que se celebrará o sábado 18 de xuño. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico, o LIC Monte e Lagoa de Louro

+info

Do 01-06-2016 ao 03-06-2016

ADEGA participa nas X Xornadas de intercambio de experiencias Fogares Verdes–Green4life

O CENEAM organiza as Xornadas de intercambio de experiencias “Fogares Verdes” coa participación dos socios do proxecto europeo “Green in Everyday Life"

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal