ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Gran Manifestación polo Día do...

05-06-2022

Gran Manifestación polo Día do Medio Ambiente 5X: Temos Alternativa!

Galiza manifestarase o vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente,  en Santiago de Compostela baixo o lema “Temos Alternativa!”, por un modelo enerxético xusto e sustentábel e por unha enerxía por e para o pobo.

A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 180 entidades entre as que está ADEGA, fai un chamado a toda a sociedade galega para que participe na gran mobilización social que terá lugar o vindeiro 5 de xuño en Santiago de Compostela, e que partirá ás 12 horas desde a Alameda e rematará na Praza do Obradoiro onde se dará lectura ao manifesto.

O manifesto “Temos Alternativa!” permanecerá aberto ata o venres 3 de xuño a novas adhesións de colectivos, entidades ou plataformas que apoien o modelo enerxético proposto por Eólica Así Non e a manifestación do vindeiro día 5 de xuño en Santiago de Compostela. As entidades e colectivos poderán achegar o seu apoio a través do seguinte formulario: bit.ly/adhesions5X

Autobuses para a manifestación 5X

Algunhas das plataformas de afectados/as e entidades que forman parte da Coordinadora Eólica Así Non, porán a disposición da cidadanía servizos de autobús para facllitar o desprazamento o día 5 de xuño a Santiago de Compostela para asistir á manifestación "Temos Alternativa!". Actualmente, estes son os servizos confirmados:

-Desde O Morrazo. Teléfonos para reserva de praza: Cangas (676 479 447), Marín (676 011 319), Bueu (616 784 273), Moaña e Vilaboa (662 094 951).

-Desde Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis e Mesía. Tfno reservas: 643 704 706.

-Desde Ferrolterra-Ortegal. Teléfonos reservas: 649 178 619 (Fran) ou 630 971 170 (Silvia).

#temosalternativa
#enerxiaxustaesustentabel
#enerxiaporeparaopobo
#eolicaasinon
#diamedioambiente

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal