ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro pola Galiza Estremeira

22-05-2022

Roteiro pola Galiza Estremeira

Continuando co programa de roteiros “As nosas sagradas montañas” o vindeiro domingo 22 de maio, faremos o penúltimo dos percorridos do programa As nosas sagradas montañas.

Este roteiro facémolo en colaboración coa asociación Bierzo Aire Limpo, e levaranos ata Molinaseca, vila moi próxima a Ponferrada, punto de comezo da ruta circular.

A senda levaranos ata “Las Puentes de Malpaso”, onde poderemos desfrutar da multitude de cursos fluviais que hai nesta zona, ríos regos e fervenzas, que xunto ás pontes medievais conforman esta paisaxe de gran beleza.

O camiño de volta a Molinaseca farémolo polo camiño de Santiago francés, e poderemos desfrutar das panorámicas do val.

O percorrido é duns 11Km e de dificultade Baixa, aínda que cun treito de algo de costa.

Na seguinte ligazón tes toda a información.

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/las-puentes-de-malpaso-molinaseca-las-puentes-de-malpaso-riego-de-ambros-molinaseca-21-01-16-12018532


O programa de roteiros "As nosas sagradas montañas"

Os Roteiros de ADEGA-Lugo son andainas pola Natureza que organiza a delegación de Lugo da organización ecoloxista ADEGA desde hai máis de 20 anos e que están dirixidas á poboación de todas as idades, co obxectivo principal de achegar as persoas á súa contorna natural para que coñezan os valores naturais, patrimoniais e culturais que enriquecen e identifican o noso territorio.

O último dos roteiros deste programa é: 

  • 12 de xuño Camiñando polas terras do lobishome polo Biduiral de Montederramo.

Reserva a túa praza!

Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo (http://roteirosadegalugo.wordpress.com) irase  actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a túa reserva. 

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do venres anterior ao roteiro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos. 

Prezo xeral: 18€; Socios/as de ADEGA: 12€; Estudantes ou en paro: 15€; ata 14 anos: 5€.

    Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 240299 (local) ou escribir a adegalugo@adega.gal

    Ligazóns

    ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
    Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
    Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal