ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / II Xornada de encontros aorredor do Rural no...

26-11-2021

II Xornada de encontros aorredor do Rural no Campus de Lugo

II Xornada de encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, celebrada no marco do 25 aniversario do SEPIU da USC.    

Un día de exposición de experiencias e encontro destinado á explorar e reforzar a colaboración entre estudantado, profesorado e colectivos do medio rural utilizando a metodoloxía da aprendizaxe-servizo .

 As xornadas terán lugar o vindeiro 26 de Novembro na facultade de Administración e Dirección de Empresa, do Campus de Lugo da USC), de 10 a 13:30 e de 15:30 a 19:00.  

Evento para o encontro entre colectivos rurais, estudantes e profesorado que teñen interese en desenvolver actividades de Aprendizaxe-Servizo vinculadas ao medio rural, como forma de promover a acción social e as aprendizaxes significativas.

Neste segundo encontro perseguimos os seguintes obxectivos:
-A posta en común dos avances feitos no marco da comunidade.
-A difusión e promoción entre o estudantado dos proxectos da comunidade.
-O estreitamento de vínculos entre a universidade e o seu entorno rural

Para inscribirse, é preciso reservar praza cubrindo o formulario. 

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal