ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ROTEIRO "Encrucillada cultural"

24-10-2021

ROTEIRO "Encrucillada cultural"

Este domingo 24 de outubro daremos inicio ao novo programa de roteiros “As nosas sagradas montañas”, e como é costume imos ao Courel.

O autobús deixaramos no Alto do Couto, e faremos a entrada polo Chan da Rogueira, seguiremos o Carreiro dos dez Regueiros ata a Fonte do Cervo e saída ao Val Glaciar de Ferreirós. Neste punto consideraremos a opción de visitar o Pico Polín.

Pasaremos pola Campada Lucenza, e poderemos visitar a Lagoa co mesmo nome ou ver os fósiles crinoides do Ordovícico. Subiremos ata o Teso das Papoulas, e baixaremos ata a Boca da Rogueira, para iniciar dende alí a subida a Formigueiros.

Dende o cumio de Formigueiros (1654m) daremos a opción de baixar pola pista ata o alto do Couto ou ben baixar pola arista panoráminca desta fermosa montaña. Ao rematar e para coller forzas.

A distancia total é de dez quilómetros, sen contar as visitas opcionais ao Pico Polín e/ou a Lagoa da Lucenza, que de facerse as dúas serían en total 14 km. Percorrido de dificultade media.

Reserva a túa praza!

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do venres 22 de outubro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos. 

saída do autobús será ás 9.00 horas da mañá dende a Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro en Lugo (antiga Escola de Maxisterio).

Os roteiros serán de xornada completa. Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados e viandas para o camiño.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982 240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Prezos

  • Xeral: 18€
  • Estudantes ou en paro: 15€
  • Soci@s de ADEGA: 12€
  • Ata 14 anos: 5€
En caso de cancelación da reserva, prégase avisar o antes posible por teléfono. A cancelación posterior ao período de inscrición suporá o aboamento íntegro do prezo da praza para evitar prexuízos económicos á organización. Se a cancelación fose por motivos de saúde, procederase á devolución da metade do importe sempre que se presente xustificante médico.

O bo humor é cousa de todas/os! Anímate a participar!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal