ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / X Limpeza Silmultánea de Praias

Do 15-10-2021 ao 16-10-2021

X Limpeza Silmultánea de Praias

Dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) voltamos a organizar a Limpeza Simultánea de Praias  que vai xa pola súa décima edición.  


ADEGA convoca de novo a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, mariscadoras, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental.  


Como sabedes cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha gran parte chega das nosas casas.


ADEGA ofrece asesoramento ás entidades participantes e proporciónalles o material divulgativo e os protocolos de limpeza.

Seguimos coa normativa Covid polo que pregamos a todos o participantes que respecten as restricións vixentes.  

Se tedes interese en participar contacta con nós:
                                                         

Correo: itziar@adega.gal 

Teléfono: 981 570 099

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal