ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / ESTRELAS: Brillar con luz propia

08-10-2021

ESTRELAS: Brillar con luz propia

Este venres 8 de outubro, trataremos de contemplar o ceo nocturno aproveitando que esta semana é lúa nova, e prevense ceos despexados. Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, guiaranos na observación do ceo nocturno, a través das constelacións e as estrelas. 

A actividade terá lugar en Pena de Rodas (Outeiro de Rei, Lugo) dende ás 22h ate ás 24h. Para participar é preciso inscribirse chamando ao 982240299 ou escribir a adegalugo@adega.gal indicando o nome apelidos DI e teléfono de contacto, e se tes coche para chegar ata alí, nese caso indicando a posibilidade de compartir a viaxe, antes do propio venres ás 14h.

Retomamos esta actividade, que por mor da nubosidade non puidemos realizar en agosto, dentro das xornadas Os catro elementos. 



Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal