ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / TERRÍCOLAS: Os froitos da terra

29-07-2021

TERRÍCOLAS: Os froitos da terra

Este xoves pola tarde damos comezo as xornadas ambientais de verán "Os catro elementos" coa andaina que leva por nome Terrícolas: Os froitos da terra. 

Nun percorrido lineal duns 3Kms de lonxitude, descubriremos a vexetación desta zona descoñecida por unha gran parte da veciñanza, e que está afectada por dous grandes proxectos, o trazado da Ronda Leste, e a eliminación dos pasos a nivel que ADIF ten previsto realizar.

Partindo do Centro de Cestería no Paseo do Rato, a través das múltiples  carballeiras chegaremos a Bosende, núcleo afectado polo viaducto sobre o Rego Samai proposto na construción desta nova infraestructura promovida pola Xunta de Galicia.  

A actividade é de balde, pero é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas. Reserva a túa praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal. 


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal