ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Inspección de ríos de primavera no...

16-05-2021

Inspección de ríos de primavera no Rego do Segade (Lugo)

O vindeiro domingo 16 a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do Rego do Segade.

A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos. Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos.

Dada a situación que estamos a vivir, é preciso o uso de máscara durante a actividade, e as prazas limítanse a 12 persoas, polo que é preciso reservar plaza chamando ao número 982240299 ou ben escribindo a adegalugo@adega.gal antes do venres 14 ás 14h.

Anímate a participar!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal