ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mobilízate polo reparto xusto dos fondos...

23-02-2021

Mobilízate polo reparto xusto dos fondos europeos

O PP coa lei de reactivación económica pretende eliminar a participación e o control público na implantación de proxectos industriais que afectan a territorio, entregando ás empresas do IBEX os fondos europeos de recuperación.

Este vindeiro 23-F ás 12:30 moblizámonos fronte ao Parlamento de Galiza para denunciar este novo latrocinio e exixir un reparto xusto dos fondos europeos.

As organizacións que apoiamos esta reivindicación denunciamos a falta de transparencia da Xunta na toma de decisións e nos criterios de adxudicación dos fondos e esiximos un proceso de participación pública vinculante para decidir o destino dos cartos, atendendo a estes criterios:

  • Transparencia e participación da sociedade civil na toma de decisións e nos criterios de adxudicación e inclusión de  estritos controis ambientais e sociais dos proxectos.
  • Priorización da contratación para proxectos estratéxicos de desenvolvemento local.
    Centrar o destino do orzamento  nunha verdadeira transición ecolóxica e a descarbonización da economía. Que constrúan unha sociedade máis resiliente fronte o cambio climático e a crise da biodiversidade.
  • Os proxectos deben plasmar perspectiva de xénero e combater a desigualdade.
  • Os proxectos deben priorizar a colaboración público-comunitaria.
  • Os fondos deberán dar prioridade ao apoio de iniciativas de persoas autónomas, labregas, mariñeiras artesás, cooperativas e pemes por ser os segmentos laborais que máis empregos xeran e máis repartidos están por toda a xeografía galega.
  • Máis investimento para saúde, educación, investigación, coidados e cultura.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal