ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Paseo interpretativo polas dunas de Samil

06-06-2026

Paseo interpretativo polas dunas de Samil

ADEGA e a asociación Ecoloxistas Galiza atlántica e Verde - Pontevedra Sur organizan un paseo interpretativo para coñecer de primeira man a situación do sistema dunar de Samil e os impactos do actual proxecto de restauración. Será unha oportunidade para comprender o valor ambiental de Samil e reflexionar colectivamente sobre os modelos de xestión da costa. A actividade estará guiada polo xeólogo Óscar Pazos. 

Terá lugar o vindeiro sábado, 6 de xuño, ás 11:00 h. Punto de encontro: dunas das Fontes, en Samil. 

Non se require inscrición previa.

Agardámoste!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal